Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

“Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura” é unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O programa, que desenvolve xa a segunda edición, visitará parte de Galicia nos vindeiros días con charlas informativas a cargo das colexiadas e colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía. Por unha banda, nais e pais, ademais de docentes, atopan información e recursos de interese; por outra, nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e...
Un total de 44 empresas TIC galegas recibirán 1,8 millóns de euros do "Programa para o fomento da oferta Cloud”, convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es. Galicia convértese nunha das comunidades con maior número de beneficiarios, o que dá conta da aposta do sector TIC galego polas tecnoloxías Cloud Computing. Este programa de axudas, en cuxa difusión en Galicia colaborou o Centro Demostrador TIC da Amtega, permitirá as empresas tecnolóxicas galegas desenvolver proxectos de migración ou desenvolvemento de solucións software para pemes baixo a...
Xa están dispoñibles na canle de YouTube da Amtega dúas novas vídeo-experiencias do ciclo posto en marcha polo Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para mostrar como a transformación dixital das pemes axuda a mellorar a súa eficiencia e a súa competitividade. Trátase de Wekab, unha plataforma especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego, e Cabomar, empresa situada en Marín especializada en produtos do mar conxelados tanto ao natural como elaborados. Wekab fálanos no seu vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=...
Un grupo de 13 escolares de Santiago, con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos, participaron hoxe, acompañados polos seus pais ou nais, nun taller práctico de aprendizaxe para programar videoxogos con Scratch que tivo lugar na Biblioteca da Cidade da Cultura, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática, CPETIG, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O obxectivo desta iniciativa, posta en marcha polo CPETIG e Amtega hai dous anos, é ampliar progresivamente o número de escolares de Galicia que acceden de forma lúdica e divertida...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza o día 20 de outubro o seminario “Os datos da miña peme, están seguros?” (https://cdtic.xunta.gal/seguridade-peme) que se impartirá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 17.00 a 20.00 h. O obxectivo desta actividade formativa é alertar as pemes dos riscos aos que se expoñen ao conectarse a internet e do perigo que supón que a información crítica da empresa poida estar comprometida e poñer en risco a súa continuidade. Por este motivo, resulta esencial...
Lugo acolle o vindeiro 18 de outubro o novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro centrarase na robótica e desenvolverase na aula CeMIT da cidade, situada na Praza do Castiñeiro, de 10.00 a 14.00 horas. Tras a benvida institucional, a cargo dun representante do CPEIG, intervirá o profesor titular da Universidade de Vigo, José Ignacio Armesto; o xerente e director...
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que habilita aos centros de saúde e hospitais do Sergas como centros acreditadores do servizo Chave 365, que permite, entre outras funcionalidades, a consulta e xestión de datos clínicos e persoais no teléfono móbil ou na tablet a través da plataforma É-Saúde (https://esaude.sergas.es). É unha alternativa ao uso de certificados electrónicos para as xestións on line coa Administración, coa vantaxe de que pode utilizarse dende dispositivos móbiles (teléfonos, táblets). É-Saúde Trátase dunha ferramenta tecnolóxica de servizos sanitarios que...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 18 de outubro unha sesión demostradora que leva por título “Control dos prezos en liña. Controla competidores ou vendedores dos teus produtos en tempo real con Boardfy” (https://cdtic.xunta.gal/boardfy) e que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 17.00 a 19.00 horas. Nesta actividade explicarse, desde unha visión práctica e real, a importancia, tanto para vendedores en liña como para marcas e fabricantes, do control dos prezos de venda dos produtos que ofrece un...
A entidade pública estatal Red.es vén de facer pública a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas para Galicia, que permitirá dotar de conexións ultrarrápidas a 820 centros educativos públicos. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que ao remate de 2017, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas. O operador Orange foi o adxudicatario do contrato cunha oferta que supera os 100Mbps de velocidade esixidos por Red.es, como órgano de contratación. Así, Orange garante...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, puxo en marcha o Programa Primare para impulsar a innovación dos sectores primarios galegos. Así o expuxo hoxe o director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais de Amtega, Carlos Vázquez, na presentación do Polo de Innovación dixital para o sector agro-alimentario galego da Universidade de Santiago de Compostela e Gradiant. Primare aplicará as TIC ao desenvolvemento de solucións intelixentes para mellorar os procesos de explotación, xestión e produción agrícola e...

Páxinas