Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 9 de novembro unha sesión demostradora que leva por título “Diagnostica e renova a túa empresa ou taller de automoción” (https://cdtic.xunta.gal/autoxuga) e que terá lugar nas súas instalacións en horario de 10.30 a 13.00 horas. Nesta actividade as persoas asistentes poderán empregar de balde o programa informático de autodiagnose que se mostrará na sesión a través da web www.autoxuga.com co obxectivo de analizar a situación da súa empresa e corrixir os parámetros inadecuados para o...
O xurado do programa ‘Connecting for Good Galicia’ vén de seleccionar os seis proxectos emprendedores de innovación social que formarán parte da primeira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). ‘Connecting for Good Galicia’ ten como finalidade apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación social a...
O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.331, fronte ás 2.242 do ano anterior, o que representa un crecemento do 4% e mantén a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC. O sector TIC deu emprego a 15.683 traballadores, no ano 2015, o que supón un incremento do 8,9% no último ano. O 79,4% figuran inscritos no réxime xeral de cotización da Seguridade Social (12.446) e o 20,6% no réxime de traballadores/as autónomos/as (3.237). Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia...
Xa están dispoñibles na canle de YouTube da Amtega dúas novas vídeo-experiencias do ciclo que puxo en marcha o Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para difundir como a transformación dixital das pemes axuda a mellorar a súa eficiencia e a súa competitividade. Trátase de Mariscos Comesaña, empresa de Marín dedicada á venda por xunto de peixes e mariscos das Rías Baixas; de e Elena Ferro, artesá zoqueira de Vila de Cruces creadora dunha liña de zocos con deseños modernos e atrevidos. O vídeo de Mariscos Comesaña (https://www.youtube.com/watch?v...
A sede xudicial electrónica permite aos cidadáns e profesionais da Comunidade consultar a situación na que se atopan as demandas ou procesos xudiciais nos que sexan parte. Galicia é a primeira Comunidade en poñer en funcionamento a sede electrónica xudicial, cumprindo os requisitos que marca a Lei 18/2011 do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza. Nesta primeira fase da sede xudicial electrónica os cidadáns tamén poden consultar información dos procedementos que se poderán presentar en sede e verificar documentos electrónicos...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza o día 3 de novembro a Xornada “Coñece as experiencias de Startups tecnolóxicas: de Galicia ao mercado global” (https://cdtic.xunta.gal/demo-startups) que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 11.00 a 12.00 horas. Durante a Xornada, os asistentes coñecerán de primeira man o percorrido de tres startup tecnolóxicas galegas. Entre as startups atopáse Kiply (https://kiply.com/es/), que ofrece un software para medir a produtividade persoal; Twibex35 (http://twibex35.com/), coa súa...
Empresas do sector tecnolóxico e representantes de entidades do ámbito agrario participaron hoxe nunha xuntanza sobre a consulta pública ao mercado aberta pola Xunta para aplicar solucións tecnolóxicas innovadoras ao sector agrario. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Ambos departamentos colaboran no desenvolvemento do Programa Primare, que contempla a creación dunha plataforma tecnolóxica sobre a que se desenvolverán...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC a través da plataforma de teleformación EMA da Rede CeMIT. O único requisito para acceder a esta formación online é ser usuario da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema). Os cursos, de entre 4 e 10 horas de duración cada un deles, pódense realizar en calquera momento e lugar, sen estar pendente de convocatorias nin inscricións. Unha vez completado todo o material que conforman os cursos,...
O día 24 de outubro, o Colexio Calasanz Padres Escolapios da Coruña acollerá a xornada Rapaciñ@s, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O horario do evento, que é gratuíto, vai de 18:30 a 20:30 horas. Nais, pais e docentes aprenderán as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os riscos que tamén presentan. Namentres os adultos asisten a unha charla dun colexiado do CPEIG, os nenos participan en obradoiros de programación e robótica educativa. Cómpre inscrición previa en: eventos@...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, vén de completar a dixitalización da oficina de Rexistro na Delegación da Xunta en Ourense. Esta iniciativa, que comezou o pasado ano no Rexistro Xeral en Santiago, continuará estendéndose de xeito progresivo ata chegar ás 533 oficinas da administración autonómica e das entidades locais que integran o Sistema Único de Rexistro. Os documentos que os cidadáns entreguen en calquera destas oficinas de Rexistro dixitais, serán dixitalizados e compulsados electrónicamente e enviados de...

Páxinas