Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

As start-ups Fleap, Coinscrap e Qubiotech alzáronse como gañadoras da III edición de Galicia Open Future, o centro de emprendemento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, no que se aceleraron durante os últimos meses. Como premio, os tres proxectos gañadores recibirán unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa que poderán continuar o seu desenvolvemento. Ademais, poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia doutros 25.000 euros. O xurado, formado pola Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), o...
Axentes do sector tecnolóxico asistiron ao I workshop do Programa Primare, celebrado hoxe na Cidade da Cultura, para coñecer de primeira man o proceso e alcance do reto exposto pola Xunta de Galicia para definir un modelo de Inspeccións intelixentes avanzadas vinculadas ás axudas da Política Agraria Común (PAC) e ofrecer servizos de valor engadido para mellorar a competitividade do ámbito agrícola. O director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Carlos Vázquez, participou no evento e agradeceu as propostas recibidas ata o...
O director do Igape, Javier Aguilera, salientou esta mañá a relevancia dos servizos de dixitalización e industria 4.0 que facilita o programa ReAcciona-TIC como claves para facilitar a mellora da competitividade empresarial, durante a súa participación na xornada técnica sobre as “Claves para a transformación dixital da empresa”. O director do Igape subliñou que a Xunta está impulsando o desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, liderada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para apoiar a incorporación ás empresas, especialmente ás pemes, das tecnoloxías...
Informar polo miúdo ás pemes galegas sobre as oportunidades e os retos relacionados coa transformación dixital e a Industria 4.0 é o obxectivo da xornada técnica que se desenvolverá o próximo mércores, 23 de novembro, no Cei Nodus de Lugo sobre o programa ReAcciona TIC, que vén de ser activado para facilitarlles ás empresas beneficiarias a adquisición de competencias e a incorporación de tecnoloxías que lles permitan incrementar a súa competitividade. A xornada informativa sobre os servizos ReAcciona TIC, organizada conxuntamente polo Igape e Amtega, desenvolverase a partir das 19 horas, e...
appgaio-2.png O servizo de tradución Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015, cando a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición dos galegos cidadanía esta ferramenta que, ata entón, era de uso de interno da Administración. Desde entón Gaio recibiu preto de 1,5 millóns de visitas que puideron acceder á tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés, catalán etc. Gaio ofrece aos usuarios unha...
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Situm Technologies, convoca  a  primeira edición do Hackathon Big Data & Analytics HPE, que terá  lugar os días 25 e 26 de novembro de 2016 na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Este Hackathon nace do compromiso do CEIN de potenciar e desenvolver o sector TIC galego, involucrando a un equipo de analistas, investigadores, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con...
Co obxectivo de informarlles ás empresas galegas sobre as oportunidades e os retos relacionados coa transformación dixital e a Industria 4.0, a Xunta organiza un ciclo de xornadas técnicas sobre o programa ReAcciona TIC, que vén de ser activado e que está destinado a facilitarlles ás pemes beneficiarias a adquisición de competencias e a incorporación de tecnoloxías que lles permitan incrementar a súa competitividade. En sesións que comezarán sempre ás 19 horas, e contando coa participación de empresas que destacan na aplicación das tecnoloxías que promove este programa pioneiro impulsado...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Axencia de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o día 15 de novembro a xornada sobre “Casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións nos concellos”, que se retransmitirá dende as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 10.00 a 11.00 h. Nestes últimos anos estanse a producir numerosas modificacións normativas no referente ás...
O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe unha nova aplicación na nube dentro do CDTIC Virtual, que esta á disposición das empresas e as entidades do terceiro sector para a súa proba e avaliación. Trátase de Alfresco, unha plataforma de código aberto orientada á xestión documental empresarial, líder do mercado en software libre. Esta ferramenta inclúe, entre outras funcionalidades, unha completa solución de xestión documental que automatiza a captura, a xestión, o almacenamento e a preservación de contidos e documentos dixitais...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de renovar a súa web co obxectivo de facilitar e potenciar o acceso aos servizos dixitais da Xunta a cidadáns e empresas, estruturando a información en función dos perfiles dos usuarios. Así, amtega.xunta.gal dispón de tres bloques temáticos; Amtega, ADG e As TIC para TI. O apartado Amtega, recolle a información de carácter administrativo, organizativo e normativo vinculada a a este departamento autonómico. O espazo ADG, orientado á perfiles profesionais vinculados ao sector tecnolóxico dá conta dos plans e programas que se...

Páxinas