Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O 80% dos concellos dispón de software libre nalgún equipo informático, ben sexa en ordenadores de usuario ou servidores. Máis do 76% dos municipios contan software libre nos ordenadores de usuario, ben como única tipoloxía de software habilitada nos equipos (2,9%) ou ben en presenza de software privativo (75,6). Do total de concellos que teñen servidores, o 45,4% dispón de software libre instalado, ben como única tipoloxía de software (3,9%) ou ben en combinación con software privativo (43,9%).Son datos do informe sobre a implantación e uso do Software Libre nos concellos de Galicia, un...
Como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades á hora de desenvolver e publicar nun store unha aplicación móbil e que beneficios reportan as súas aplicacións á cidadanía, e o futuro da creación de aplicacións móbiles, son os aspectos que abordarán os relatores da xornada “As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía”. Trátase do cuarto Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Celebrarase o vindeiro martes 25 de novembro, en...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega) vén de abrir un proceso de consulta aos operadores de telecomunicación de servizos de banda larga ultrarrápida (30Mbps e 100Mbps), con presenza na Comunidade. O obxectivo é coñecer a situación da oferta e a demanda, residencial, empresarial e do sector público deste tipo de redes e actualizar o estudo da banda larga en Galicia, incorporando os resultados acadados polo Plan de Banda Larga da Xunta. Este é o paso previo imprescindible para poder adoptar as medidas necesarias para que Galicia avance no obxectivo marcado pola Axenda...
A xornada “A túa identidade dixital é a túa marca persoal?” analizará, da man de cinco expertos, como a chegada de Internet engadiu unha nova dimensión ao concepto de identidade, e como converter o eu dixital nunha marca persoal de éxito que explotar como simple entretemento compartido ou de maneira máis comercial. É o terceiro dos Faladoiros Dixitais do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Desenvolverase o vindeiro venres 21 de novembro na aula CeMIT de Pontevedra. Lugar de celebración e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia este mes a renovación de 1.145 ordenadores e 148 impresoras en rede nun total de 99 centros públicos de Benestar. Esta medida é un requisito imprescindible para o desenvolvemento do Plan Trabe, a estratexia tecnolóxica para a modernización dos servizos sociais, que impulsan a Amtega e a Consellería de Traballo e Benestar. O importe desta actuación é de 800.000 euros, grazas a un convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es. A renovación de equipamento tecnolóxico beneficiará a 44 centros...
Veciños de Vilar de Barrio e Trasmiras, da comarca da Limia, participarán entre o 24 e 27 de novembro nunhas xornadas sobre o “Uso de Dispositivos Móbiles”. É unha das actividades do itinerario de capacitación tecnolóxica ‘Faite Dixit@l!’, posto en marcha o pasado mes de setembro pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec. Neste módulo de ‘Uso de aplicacións móbiles’, as 10 persoas inscritas adquirirán coñecementos sobre tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico, xeolocalización, xestión do...
O Hipersector TIC galego concentra un total de 3.159 empresas e dá emprego a 20.601 persoas, o que sitúa a Galicia como a sexta Comunidade en volume de empresas desta área. Son as cifras que sinala o primeiro estudo sobre o Hipersector TIC na Comunidade, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O Hipersector TIC galego está composto nun 70,7% por empresas do sector tecnolóxico e nun 29,3% por empresas do sector de contidos e servizos audiovisuais. As actividades de programación,...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá o 20 de novembro un seminario de formación que leva por título “Xestión integral de empresas con Software Libre” (https://cdtic.xunta.es/xestion-integral-sfl) e que se impartirá en horario de 16.00 a 20.00 horas. As persoas asistentes a esta actividade poderán coñecer as alternativas en software libre para a xestión integral dunha empresa e comprobarán de primeira man as vantaxes de aplicar estas solucións ao seu negocio, dende a completa integración dunha tenda en internet ata a...
Un grupo de traballo da Xunta de Galicia, encabezado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e polo director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda, Javier Rodríguez Seijo, analizaron hoxe en Santiago de Compostela as prioridades impulsar a sociedade dixital en Galicia no novo período comunitario 2014-2020. Mar Pereira e Javier Rodríguez Seijo reuníronse para identificar proxectos prioritarios nestas materias, que no actual período 2007-2013  (e non no período 2013-2020 como se indicaba na versión anterior) recibiron un...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) mantén aberto o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. O formulario online está dispoñible no blog.adg2020.es/. “Curtas co Móbil” é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta. Os obxectivos do certame son explorar a creatividade audiovisual dos mozos a través da gravación de micromovies, fomentar o traballo...

Páxinas