Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar con licenza libre e en formatos abertos os materiais formativos que compoñen o programa de autoformación para obter a Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática, CODIX, na súa modalidade de Software Libre, é dicir, baseándose no uso do sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática LibreOffice. O CODIX é unha certificación que acredita que a persoa titular conta coas capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan formativo ofimático de Galicia. Pode obterse esta certificación...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organiza o día 4 de decembro o seminario “A experiencia de xestionar unha tenda en liña. Os erros que non se deben cometer” (https://cdtic.xunta.es/tenda-online-erros-ourense) que se impartirá en horario de 16.00 a 20.00 horas na Aula CeMIT de Ourense. O obxectivo desta xornada é explicarlles, dende un punto de vista práctico, ás persoas asistentes como poñer en marcha un proxecto de comercio electrónico e cales son os erros máis comúns que se adoitan cometer, erros que poden estar relacionados co...
O Centro Demostrador TIC de Galicia, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de integrarse na Rede Nacional de Centros Demostradores TIC, impulsada pola entidade pública estatal Red.es, e que se pon en marcha cos centros de Aragón, Andalucía, Extremadura e Castela a Mancha. Coa creación desta Rede, búscase incrementar o valor do conxunto de Centros Públicos Demostradores existentes, proporcionando ás empresas ofertantes e demandantes de tecnoloxía un servizo de ámbito nacional. Ademais facilitará as sinerxias entre os centros para favorecer o...
Galicia lidera o proxecto europeo STAMAR – Escaparate de Tecnoloxías aplicables a pemes do Sector Marítimo na Área Atlántica- que ten como obxectivo que as pequenas e medianas empresas do sector marítimo coñezan as innovacións tecnolóxicas máis relevantes, aplicables ao seu sector para que poidan incorporalas aos seus procesos produtivos e mellorar a súa competitividade económica e comercial. STAMAR está liderado pola Administración autonómica, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta coa participación como socio da Axencia Galega de Innovación (GAIN),...
 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta garantirá a inclusión de canalizacións para telecomunicacións en todos os proxectos de estradas autonómicas. Deste xeito, referiuse á aprobación hoxe, no Consello, do decreto que desenvolve a Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia (aprobada o pasado ano). Feijóo subliñou que o texto aprobado vai permitir impulsar o desenvolvemento das redes públicas de telecomunicacións en todo o territorio reducindo notablemente os custos asociados á obra civil, que supoñen ata un 80% do...
 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha da iniciativa “Programación nas Escolas”, , unha iniciativa pioneira que se enmarca no proxecto Abalar. No acto de sinatura tamén estiveron presentes o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira, e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila. Esta iniciativa ten como principal...
 O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Manuel Borobio, inaugurou hoxe unha xornada técnica sobre RPA (Aeronaves pilotadas por control remoto) e as súas aplicacións civís. O Instituto de Estudos de Territorio, en colaboración coa empresa galega Cartogalicia, pioneira en España no uso destes vehículos, e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), organizan unha xornada destinada a profesionais técnicos no entorno da información xeográfica e outros campos afíns ao territorio, co obxectivo de difundir as aplicacións destas aeronaves en traballos civís relacionados coa...
 A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo inauguraron esta mañá a xornada técnica de presentación do Arquivo Dixital de Galicia aos profesionais do Sistema de Arquivos de Galicia. No acto, que tivo lugar no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, participou tamén a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. Preto de 50 profesionais do Sistema de Arquivos de Galicia –integrado polos arquivos da Xunta de Galicia, dos concellos e das deputacións provincias, das...
A Cruz Vermella, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), celebra mañá, martes, 25 de novembro a xornada “Sensibilización e uso das redes sociais na Área de Emprego da Cruz Vermella”. Pola súa parte, a Rede Galega de loita contra a pobreza (EAPN-Galicia) organiza o seminario “Taller TIC, infografías e voluntariado en rede para a acción e o cambio social. #pobrezagalicia” o vindeiro xoves 27 de novembro. Ambas actividades están enfocadas ás novas formas de comunicación que se derivan do novo contexto dixital e se celebrarán nas instalacións do Centro...
O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! rexistrou desde a súa posta en marcha, hai seis meses, 30.000 consultas desde os diferentes departamentos autonómicos, o que implica que se evitou a petición de 30.000 documentos ou certificados a cidadáns e empresas para a realización de trámites administrativos. Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica, estatal e local, evitando ao cidadán achegar documentación que xa obra en poder das administracións públicas, cumprindo así coas obrigas establecidas na Lei 11/2007 de 22 xuño de...

Páxinas