Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

Acadar a máxima converxencia con Europa no horizonte 2020 é o reto do Goberno galego en materia tecnolóxica. Para avanzar neste obxectivo a Xunta aprobou a finais de ano a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, unha folla de ruta que prioriza as grandes liñas de actuación que consolidarán e darán continuidade as medidas da Axenda Dixital 2014.gal. Así o sinalaba a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, esta mañá en Santiago durante a inauguración do IV Seminario Sociedade da Información en Galicia, organizado pola revista Socinfo. Pereira...
Arredor de 1 de cada 4 empresas galegas utilizou as redes sociais en 2013. Un 25,6% das empresas galegas de 10 e máis empregados e o 26,4% das microempresas empregaron algunha rede social (Facebook, Linkedin, Google+,etc) durante o pasado ano para actividades de marketing e a publicidade da propia empresa ou dos seus servizos e produtos. Estas porcentaxes son moi similares ás do conxunto do Estado, cunha diferenza de 3,5 puntos nas empresas de maior tamaño e practicamente co mesmo valor nas microempresas. As empresas do sector servizos son as que máis recorren ás redes sociais, especialmente...
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para elaborar un Plan de inclusión dixital que permita ampliar o alcance das actividades de alfabetización e capacitación que se desenvolve a través da rede de aulas CeMIT. A sinatura deste acordo supón o inicio da segunda fase da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión...
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o Concello de Cotobade, para coñecer de primeira man varios investimentos realizados polo Goberno galego na parroquia de Caroi. Rueda destacou a aposta da Xunta polo rural e asegurou que o Goberno seguirá investindo nel para que todos os galegos, vivan onde vivan, poidan dispoñer dos mesmos servizos e oportunidades. Ademais, salientou que este tipo de actuacións son un bo exemplo dos beneficios que ofrece para os cidadáns a colaboración entre as distintas administracións, xa que son iniciativas nas que cooperan os concellos e a Xunta...
Nos vindeiros meses porase en funcionamento unha plataforma en liña para recompilar datos reais sobre o uso que os adolescentes galegos fan das novas tecnoloxías. Este é o obxectivo do convenio de colaboración asinado esta mañá entre o Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares Long; o profesor titular da USC, Antonio Rial Boubeta e, por parte da Xunta de Galicia, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar...
A Xunta de Galicia vén de publicar a nova aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta ferramenta supón un paso máis no achegamento da administración autonómica á cidadanía, facilitando a consulta da información do DOG en calquera momento e lugar desde un smartphone ou tableta con sistema operativo Android ou iOS. Desde esta semana, todos os anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia están dispoñibles no móbil. A aplicación pode descargarse de Google Play Store para Android e de iTunes para iOS. A aplicación do DOG actualízase de xeito constante coa...

Páxinas