Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso do Goberno galego co talento tecnolóxico da Comunidade, cun investimento de 750.000 euros para 50 proxectos do Galicia Open Future. “Estamos investindo case tres cuartos de millón de euros nesta iniciativa que xunto con Telefónica poñemos á disposición de 50 proxectos, seleccionados dos 130 que se presentaron inicialmente”, aseverou. Durante o acto inaugural de Galicia Open Future (Galicia Futuro Aberto), o responsable do Executivo autonómico resaltou que o Pacto Tecnolóxico de Galicia, asinado o pasado ano con...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar hoxe os cinco vídeos finalistas do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. Ata o 19 de decembro calquera internauta pode votar o vídeo que considere que mellor representa o futuro de Galicia a través das novas tecnoloxías en www.facebook.com/amtega, dentro do apartado "Curtas Finalistas ADG2020”. Os vídeos gañadores serán os dous que máis “gústame” obteñan dentro do apartado. O certame “Curtas co Móbil”, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18...
 A Xunta de Galicia vén de publicar a nova aplicación para dispositivos móbiles “PcPG – Contratos de Galicia”. Trátase dunha app desenvolta pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que permite a consulta en calquera momento e desde calquera lugar, mediante dispositivos móbiles, da información da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS, e pode empregarse tanto en galego como en castelán. Actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente de www.contratosdegalicia.es, co...
En Galicia existen 3.331 autónomos dedicados ao sector TIC, o que representa o 21,8% do total de traballadores deste sector. Preto do 60% dos integrantes deste colectivo centra a súa actividade profesional na reparación de equipos informáticos e publicacións TIC. En segundo lugar, cunha porcentaxe do 29,2% están os que se dedican a actividades informáticas, portais web e procesamento de datos. As actividades comerciais TIC empregan ao 7,6% dos autónomos e as de telecomunicacións ao 3,2%. En termos xerais, nos últimos tres anos obsérvase un incremento dos autónomos do sector que desempeñan...
O programa de Voluntariado Dixital da Xunta, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, celebra o 5 de decembro o Día Internacional dos Voluntarios, compartindo experiencias co Programa de Voluntariado Tecnolóxico da Junta de Castilla y León, no marco dunha xornada online de voluntariado tecnolóxico que se celebra hoxe. A través da experiencia dun dos 400 voluntarios dixitais adheridos ao Programa, a Administración galega dará a coñecer esta iniciativa da que xa se beneficiaron máis de 3.800 persoas en Galicia“...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza para o día 9 de decembro, unha xornada sobre os desenvolvementos TIC destinados ao sector da automoción (https://cdtic.xunta.es/xornada-automocion-tic). Na xornada presentarase o sistema operativo Tizen IVI, un entorno tecnolóxico específico para o desenvolvemento de servizos ou produtos TIC do eido da automoción e realizarase unha demostración das posibilidades que ofrece. Os participantes asistirán á pilotaxe dunha nova solución que posibilita a xeolocalización do condutor e o vehículo.Esta aplicación rexistra a...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o 11 de decembro unha sesión demostradora que leva por título “Owncloud, a túa nube baixo control” (https://cdtic.xunta.es/owncloud-demo) que se desenvolverá en horario de 10.30 a 13.30 horas. Na xornada abordarase de forma práctica a xestión que realizan as empresas da súa información, o marco lexislativo no que se atopan e a solución de Owncloud para combinar ambas as cuestións. Ao longo das tres horas que dura a sesión, trataranse as necesidades actuais das...
 A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, reuniuse hoxe cos axentes do sector TIC galego para abordar de forma conxunta os desafíos aos que se enfronta a Comunidade no eido tecnolóxico no horizonte 2020. Aínda que no ámbito europeo existen unha serie de recomendacións ao respecto, materializadas na Axenda Dixital para Europa, Mar Pereira trasladoulle aos representantes do sector a importancia de abordar de forma conxunta estes aspectos desde o ámbito rexional para asegurar a toma de decisións cun claro impacto na contorna galega, dar resposta...
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta mañá ao inicio do primeiro dos cursos de formación especializada que Igualade impartirá entre os profesionais dos CIMs para por freo á violencia de xénero e sexual a través das novas tecnoloxías. Baixo o título “Violencia de Xénero e Sexual en Internet, Redes Sociais e Smartphones: Coñecer, Previr e Actuar” o obxectivo deste curso é seguir achegando coñecementos para a mellora na atención e a intervención por parte dos profesionais que en Galicia traballan con mulleres e menores que sofren violencia de xénero nos seus fogares....
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausura o vindeiro xoves, 4 de decembro, no Centro de Emprendemento do Gaiás o programa formativo ‘Teño unha idea e agora que?` Curso práctico para a creación de novas empresas’ no marco da liña de actividades destinadas a apoiar os emprendedores no eido cultural e das industrias creativas. A clausura do curso correrá a cargo do avogado e Doutor en Filosofía, Javier de la Cueva, un dos principais expertos a nivel estatal en copyleft e defensor do software e hardware libres. Baixo o título ‘Emprender non necesariamente é crear...

Páxinas