Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, adiantou a posta en marcha a finais deste ano do Plan Transformatic, que aliñará as diferentes iniciativas de apoio ao sector tecnolóxico que se están a desenvolver desde a Administración autonómica, unindo a todos os departamentos implicados nunha mesa dirección. O Plan buscará tamén a colaboración de todos os axentes do sector para unir esforzos, aliñar obxectivos e favorecer o seu crecemento. Un obxectivo que, segundo destacou Mar Pereira, cobra especial relevancia neste momento, no que Galicia está a...
A Xunta considera que a implantación da Axenda Dixital da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é unha das liñas estratéxicas de competitividade do Goberno galego para os vindeiros anos. Así se puxo de manifesto esta mañá en Porto, durante a presentación das conclusións da “Axenda Dixital Local da Euro-regiao Galiza-Norte de Portugal”, na que participou o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal. A Axenda Dixital é un documento estratéxico para o desenvolvemento integral da Sociedade da Información nas cidades e vilas da Eurorrexión. Nela apóstase pola implantación dun modelo de...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, recibiu esta mañá ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. Na xuntanza Mar Pereira abordou co presidente da CEG as iniciativas da Administración autonómica para integrar as TIC no tecido empresarial galego, co obxectivo de impulsar a súa modernización e o seu crecemento. Un aspecto fundamental tendo en conta que o 95% das empresas galegas son pemes. Unha das liñas estratéxicas da Amtega para o vindeiro ano é a posta en marcha de plans tecnolóxicos en...
A convivencia tanto con nenos en idade escolar obrigatoria como con estudantes maiores de 16 determina un penetración de servizos TIC significativamente superior á media. É a principal conclusión do estudo temático “Os mozos e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O informe constata grandes diferenzas respecto á contratación do servizo de Internet en función da convivencia con nenos. Tres de cada catro catro vivendas con nenos de 3 a 16 anos dispoñen...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de completar a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps en 3 centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U: no IES Montecelo, no CIFP Carlos Oroza e no CEE Príncipe Felipe, todos eles situados na cidade de Pontevedra. Con estes tres centros a provincia de Pontevedra conta xa con 51 dos 208 os centros educativos aos que xa se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da...
A Universidade da Coruña, o Centro Tecnolóxico do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo organizan o vindeiro 25 de outubro un foro sobre “O papel da empresa como actor de cooperación ao desenvolvemento do sector pesqueiro: o caso de Namibia”. A xornada será inaugurada pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e terá lugar na sede de ARVI no porto pesqueiro vigués. A súa organización enmárcase dentro do proxecto “Análises de coherencia de políticas no marco do sector pesqueiro empresarial e o desenvolvemento socioeconómico sostible. O caso de Namibia”....
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vai participar no proxecto de investigación europeo “RuralSchoolCloud. Cloud Computing for School Networking & Learning” (Computación na Nube para a Colaboración e a Aprendizaxe na Escola), que estudará metodoloxías e ferramentas TIC innovadoras no ámbito da educación en centros educativos rurais para mellorar a formación e colaboración de alumnos e docentes. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) - acompañado polo grupo...
O vindeiro venres 25 de outubro a Cidade da Cultura acollerá, por primeira vez, as Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos. O evento, que celebra a súa terceira edición, está organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Baixo o título “Ciberseguridade e sistemas forenses de intrusión: PRISM e troianos, ¿Ata onde?”, o CPETIG reunirá a un grupo de expertos de prestixio co obxectivo de informar a técnicos e xuristas sobre a investigación e persecución de...
Un total de 32 familias e empresas solicitaron en dous meses ás axudas da Xunta para contratar o servizo de conexión a internet vía satélite. Esta actuación corresponde a última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible a través desta tecnoloxía. Estas axudas, das que en toda Galicia xa se beneficiaron 700 familias e pemes en 2012 e máis de 800 este ano, terán unha terceira convocatoria en 2014. O orzamento total deste programa supera o millón de euros e se puxo en...
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta destinará 8 millóns de euros á planificación tecnolóxica dos servizos sociais públicos, con tres obxectivos fundamentais: facer realidade a aspiración dunha historia social única para cada usuario, que poida cruzarse coa historia clínica electrónica e que, deste xeito, permita en consecuencia unha necesaria coordinación -cada vez con máis intensidade- entre o Servizo Galego de Saúde e os servizos sociais; mellorar os servizos que se lle dá aos usuarios dos dispositivos asistenciais, tanto para acceder a eles como para...

Páxinas