Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Axencia de Turismo, veñen de publicar con licenza libre dúas aplicacións desenvolvidas por este organismo e que están a ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Trátase da aplicación de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativo de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real. Estas ferramentas teñen xa publicado o seu código fonte cunha licenza de uso libre no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, o que permitirá a creación...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Mar Pereira inaugurou esta mañá a Xornada de presentación da Guía de Boas Prácticas para o Despregamento das Infraestruturas de Telecomunicación, organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa Amtega. A responsable autonómica sinalou que as redes de telecomunicación son a columna vertebral da sociedade dixital e a base imprescindible sobre a que se está a desenvolver toda a estratexia tecnolóxica da Administración autonómica a Axenda Dixital 2014.gal. Son, afirmou, as que nos...
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través de Meteogalicia, veñen de lanzar a aplicación MeteoRoute para o sistema operativo Android. Esta ferramenta, que xa se puxo en marcha o pasado mes de agosto para teléfonos con sistema operativo IOS, permite planificar unha viaxe ou unha ruta a pé, coche, bicicleta ou barco en base á predición meteorolóxica do percorrido que o usuario determine. Con Meteoroute, os usuarios poden crear as rutas indicando a orixe e fin e seleccionando os lugares de paso sobre o mapa na...
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto coa directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asistiu hoxe á reunión de lanzamento do Proxecto ARPAD, que ten como obxectivos a creación do Arquivo Dixital de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España –...
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das TIC nos fogares en 2013 sitúan a Galicia no segundo posto do ranking de Comunidades Autónomas no emprego dos servizos da e-Administración durante os últimos doce meses. A Comunidade sube un posto respecto a 2012 na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet para obter información e descargar formularios, sendo só superada pola Comunidade de Madrid. Segundo os datos do INE, un 61,5% dos internautas galegos obtivo información de páxinas web da Administración (5,5 puntos máis que a media estatal...
A porcentaxe de fogares galegos con conexión á Internet nos concellos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes é do 80,2%, superando a media estatal en 8,9 puntos. A porcentaxe de contratación de á banda larga nestes municipios creceu máis dun 10% respecto a 2012. É un dos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2013 e que pon de manifesto que o hábitat poboacional segue a ser un dos factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia. Segundo a análise do...
El Colegio Profesional de Ingeniería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en el marco del convenio firmado con la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega), organiza los próximos días 8, 9, 15 y 16 de noviembre un curso práctico sobre Peritajes e Informática Forense. El curso se desarrollará en el Gran Hotel de Santiago de Compostela en horario de tarde los viernes 8 y 15 (16:30 a 21:00 horas) y durante toda la jornada los sábados 9 y 16 (9:00 a 14:00 horas y 15.30 a 18.30 horas). Contará con importantes descuentos en la matrícula para estudiantes, colegiados y...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que a rápida e constante evolución tecnolóxica require unha adaptación nos mesmos termos das condicións de seguridade, da normativa e das actividades formativas e divulgativas para que usuarios e administracións poidan obter o máximo proveito das vantaxes que ofrecen as TIC cos mínimos riscos. A responsable da política tecnolóxica da Xunta, inaugurou hoxe as III Xornadas sobre delitos informáticos, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) en...
A directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira, recibiu esta mañá a unha delegación da Autoridade Nacional de Regulamentación de Telecomunicacións de Turquía (ICTA). Os representantes deste departamento tecnolóxico do Goberno turco quixeron coñecer en detalle o proxecto de Fogar Dixital da Xunta así como o proceso de consolidación de infraestruturas no Centro de Proceso de Datos Integral do Gaiás e as liñas de actuación do Plan de Banda Larga. A visita dos integrantes do ICTA de Turquía a Galicia enmárcase dentro dun proxecto de irmandamento deste organismo coa Secretaría...
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe a consolidación da sede electrónica da Xunta, que fará posible a presentación telemática para todos os trámites en 2015 e simplificará o acceso mediante claves a través do teléfono móbil. En primeiro lugar, o presidente da Xunta constatou o bo funcionamento da sede electrónica, xa que nos primeiros nove meses do ano os cidadáns presentaron telematicamente máis de 11.000 procedementos, “o que significa –dixo- un aforro aproximado de un millón de euros para cidadáns e empresas”. Ademais, segundo dixo, o éxito da sede electrónica “...

Páxinas