Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

Divulgar os beneficios e vantaxes da Responsabilidade Social Empresarial no eido específico das empresas tecnolóxicas é o obxectivo da Xornada que se celebra mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura. O encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar reúne a 13 empresas TIC que exporán casos reais de boas prácticos en diferentes ámbitos da RSE Baixo o título “Exemplos de boas prácticas de Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego”, a xornada estrutúrase en tres mesas temáticas. A...
O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a presentación do novo tradutor automático Gaio, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da empresa galega Imaxín Software, para reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local e facilitarlles aos profesionais públicos a tradución directa e inversa do galego ao castelán na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos, ademais de consolidar a...
O Programa Voluntariado Dixital da Xunta e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, poñen en marcha hoxe en Teixeiro (A Coruña) o cuarto dos talleres da iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”. O proxecto, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías e o software libre a 70 reclusos dos centros penitenciarios existentes en Galicia. Tras arrancar en xullo no Centro Penitenciario de Monterrroso, no mes de outubro...
O Goberno galego considera fundamental a colaboración e a implicación dos pais e nais para que os seus fillos fagan un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías. Precisamente para afondar sobre este tema celébrase hoxe a duodécima edición da xornada “Educando en Igualdade”, que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade baixo o título “cidadanía e convivencia dixital”. Na xornada, profesionais e expertos na materia debaten sobre o emprego seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e adolescencia, así como sobre a prevención de condutas violentas e comportamentos machistas e...
Unha semana despois de aprobar a Estratexia de Especialización Intelixente, o presidente da Xunta avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a Estratexia de crecemento dixital para dar continuidade aos logros tecnolóxicos alcanzados en Galicia e converxer coa Unión Europea en 2020. Feijóo subliñou que esta estratexia está perfectamente aliñada coa RIS3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas, e captar fondos europeos en proxectos tecnolóxicos para a Comunidade no novo período de financiamento 2014-2020. De feito, coa aprobación da Estratexia Galega de Crecemento Dixital...
O vindeiro xoves, 14 de novembro, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o III Taller formativo do proxecto Miradas de Muller da Rede CeMIT, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec e a Escola de Fotografía EFTI. Miradas de Muller é unha iniciativa dirixida a mulleres desempregadas interesadas no autoemprego e o emprendemento a través da fotografía dixital. O proxecto, que comezou en xaneiro, conta na actualidade con máis de 360 participantes, que continúan a súa formación a través da plataforma formativa online ...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) participa hoxe e mañá no seminario Grundtvig, unha iniciativa do proxecto “Servizos para voluntarios europeos, SERVE”, integrado por entidades europeas de voluntariado, que se celebra en Santiago de Compostela, organizada pola Escola Galega de Consumo, un dos socios do proxecto. Grundtvig é un foro para o intercambio e a aprendizaxe no que participan 27 representantes de oito entidades de voluntariado europeas, que expoñen as súas experiencias, prácticas e métodos de xestión no ámbito de voluntariado, o que contribúe a un maior...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Telefónica, César Alierta, asinaron esta mañá a adhesión do operador ao Pacto Dixital de Galicia, un acordo no que tanto o Goberno galego como as empresas asinantes asumen un decálogo de compromisos para atraer investimento a Galicia, favorecer a internacionalización das pemes galegas e lograr a colaboración activa entre as grandes e pequenas empresas para conseguir o crecemento do sector. Telefónica súmase así ás empresas tecnolóxicas HP, Indra, Everis, Tecnocom, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain e o Clúster TIC Galicia...
A Xunta de Galicia instalará o vindeiro luns, 11 de novembro, unha nova torre de soporte e mellorará o equipamento do centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e do de Coirós reciban con maior calidade o sinal de TDT. Para acometer estas obras, o Goberno galego investirá un total de 50.000 euros. A nova torre, de 30 metros de altura, permitirá solucionar os problemas de cobertura de TDT detectados ata o momento nestas localidades, que afectaban a todas as canles, a excepción de Televisión Española. Durante a realización dos traballos de levantamento da torre e...
O Programa Voluntariado Dixital da Xunta e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, poñen en marcha mañá en Bonxe (Lugo) o cuarto dos talleres da iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”. O proxecto, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías e o software libre a 70 reclusos dos centros penitenciarios existentes en Galicia. Tras arrancar en xullo no Centro Penitenciario de Monterrroso e no mes de outubro no Centro...

Páxinas