Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A iniciativa Miradas de Muller que se vén desenvolvendo ao longo de 2013 a través da Rede CeMIT e a plataformawww.miradasdemujer.com de Fundetec, entra na súa última fase coa posta en marcha do I CONCURSO NACIONAL DE MIRADAS DE MULLER no que pode participar calquera usuaria da plataforma de Miradas de Muller. O Concurso está centrado na temática de fotografía social, cuxo fin é recoñecer os traballos realizados no marco do proxecto Miradas de Muller, contribuíndo á súa vez á súa difusión e ao recoñecemento profesional dos seus autores, na súa maioría mulleres emprendedoras que decidiron...
Máis de 150 persoas se inscribiron xa na Xornada “Novos Perfís Profesionais na Era Dixital”, organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado que ten lugar mañá, 5 de decembro. O seminario enmárcase nas actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta e celébrase a das 9.30 da mañá na sede da Amtega, no edificio CINC da Cidade da Cultura. Poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Vigo, Vilagarcia, Barreiros, Celanova, Lalin, Cerceda, Tui, Monforte e na na Biblioteca Pública...
As mulleres representan o 37,5% do total de traballadores do sector TIC galego, superando a media europea, que se sitúa por baixo do 36%. A porcentaxe de mulleres empregadas no sector TIC de Galicia mantense estable nos tres últimos anos, aínda que cunha fenda de 25 puntos porcentuais entre os homes e as mulleres A presenza das mulleres nas empresas tecnolóxicas galegas varía segundo a actividade desenvolvida. O dato máis positivo corresponde ás empresas de telecomunicacións, nas que as mulleres representan o 46,4% do total de traballadores. No outro lado da balanza están as comerciais TIC e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2013 a Pablo Belay polo proxecto Xeopesca. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo Consorcio para o desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) dentro do convenio de colaboración que mantén coa Amtega.. Ademais, concedeuse un segundo premio a Esperanza Natalia González polo proxecto Abioxénese, cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL. Esta iniciativa, que vai xa pola súa VI...
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), Marcos Mata, veñen de asinar un protocolo de colaboración para a prestación de asistencia pericial. Por este convenio, a Dirección Xeral de Xustiza comprométese a recorrer ao CPETIG para a prestación de asesoramento e ditame pericial nos procedementos penais nos que un xuíz ou tribunal requira a proba pericial de oficio, a pedimento do Ministerio Fiscal ou cando a proba fose acordada a...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou nos tres últimos meses, a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps en 19 centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, das catro provincias. Así, en Galicia son xa 219 os centros educativos aos que se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. No marco das actuacións do Plan a Amtega vén de duplicar tamén a velocidade de subida en todos os centros con conexións a redes NGAs, que pasan de 5 a 10 megas de velocidade. A implantación...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe en Galicia contamos coas bases para abordar grandes proxectos tecnolóxicos “nos que precisamos, non só das grandes multinacionais tecnolóxicas, senón tamén das pemes TIC galegas e de startups que sumen as súas iniciativas innovadoras a proxectos transformadores.” Galicia que conta tres centros tecnolóxicos correspondentes ao eido das telecomunicacións, unha plataforma tecnolóxica TIC como Vindeira, grupos de investigación TIC nas universidades galegas, unha media de máis de 4.000...
Impulsar a Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego e fomentar a difusión dos produtos e solucións de tecnoloxía social son os dous obxectivos globais do protocolo asinado esta mañá en Santiago entre a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e os presidenteS de Agestic, José María López Bourio; de Eganet, Víctor López García; do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral e o vicepresidente de Agasol, Javier Castaño Garcia. Esta colaboración inscríbese no marco de actuacións que a...
O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín conta desde hoxe con conexión a Internet de 40 Mbps de velocidade. Con este centro a provincia de Pontevedra conta xa con 55 dos 217 centros educativos aos que xa se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A mellora da conectividade no IES Chan do Monte de Marín, que estaba prevista nas actuacións do Plan, tivo que aprazarse en varias ocasións, xa os espazos nos que o operador de telecomunicacións tivo...
A Xunta de Galicia está levando a cabo unha serie de actuacións en materia tecnolóxica co fin de acometer a modernización da Xustiza de xeito que se acade un servizo público máis moderno e eficaz. Nunha comparecencia parlamentaria, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asegurou que se está traballando de xeito prioritario na implantación do expediente dixital electrónico e no desenvolvemento de servizos dixitais no ámbito xudicial, tal como se reflicte no convenio asinado hai uns meses entre a Xunta e o Goberno do Estado. Froito deste acordo, ata o ano 2015 investiranse un total de...

Páxinas