Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a mellorar o servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta e das delegacións e a través do portal corporativo. Esta iniciativa, que se puxo en marcha en abril,  permite acceder á mesma información que se facilita a través do teléfono 012. O Rexistro Xeral de San Caetano conta xa co sistema BildTEC, desenvolvido e producido en Galicia, para o servizo de videointerpretación destinado as persoas con discapacidade auditiva. Así en lugar dun...
O Goberno galego investiu no 2011 preto de 5,5 millóns de euros na mellora e renovación do equipamento e as infraestrutura tecnolóxicas do eido xudicial. Son actuacións que se enmarcan no Plan Senda 2014 para integrar as TIC na Xustiza e das que fixeron balance esta mañá, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín. O investimento 2011 contou cunha achega do 30% da entidade estatal red.es e un 6% de fondos FEDER e permitiu avanzar na folla de ruta marcada polo Senda 2014 para modernizar a Xustiza en Galicia....
Cinco Centros de Información á Muller da provincia de Lugo van incorporar un servizo de teledradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade. Trátase dos CIMs de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte de Lemos e Palas de Rei, que contarán cun novidoso sistema de teletradución a 51 idiomas. O servizo entrará en funcionamento a vindeira semana, ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados esta mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, nun acto ao que...
Desde hoxe as familias galegas cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros poderán acceder ao programa de axudas para contratar Internet nos seus fogares. Os posibles beneficiarios deberán contratar o servizo de Internet con R ou Telefónica, que son as empresas que na actualidade completaron os trámites para acadar a condición de entidades colaboradoras desta iniciativa. Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a...
A Consellería de Economía e Industria, na súa aposta pola promoción do aforro e da eficiencia enerxética, ofrece a través do Instituto Enerxético de Galicia tres simuladores online cos que se pode comprobar de forma práctica as posibilidades de aforro enerxético e económico nos fogares galegos adoptando medidas de eficiencia enerxética. Estas ferramentas fan especial fincapé nos principais equipos consumidores de electricidade –electrodomésticos, Iluminación e consumo oculto-, facilitando o coñecemento do consumo e o custo anual de cada equipo; as posibilidades de substitución a equipos máis...
O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta posibilitou que 9.644 veciños da comarca de Sarria e outros 1.843 da Comarca de Meira que carecían de acceso á Rede teñan a posibilidade de conectarse a Internet. O obxectivo do  Plan, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, é acadar no 2013 o 100% de cobertura na comunidade. Sarria Na comarca de Sarria o Plan facilitou o acceso á rede a 9.644 veciños sen cobertura grazas ás actuacións levadas a cabo nos sete  municipios que a integran, o que supuxo pasar dun 35% da poboación cuberta ao 74%. Antes da posta a...
O  Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia posibilitou que 1.350 habitantes dos municipios ourensás de Manzaneda e o Bolo  que carecían de acceso á Rede teñan a posibilidade de conectarse a Internet.  O obxectivo do Plan, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, é acadar no 2013 o 100% de cobertura na comunidade. No Concello de Manzaneda antes do Plan a porcentaxe de poboación con acceso a internet apenas superaba o 4%. Grazas as accións do Plan hoxe en día máis do 60% dos veciños deste concello teñen a posibilidade de conectarse á rede. A...

Páxinas