Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- seguinte ›
- última »
01/12/2011 | 10:00
O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle hoxe unha Sesión Demostradora na que a empresaimaxin|software presentará aos asistentes os servizos ofrecidos por Amazon Web Services a través de exemplos prácticos e casos de éxito.
Amazon Web Services (AWS) ofrece unha plataforma de servizos web de infraestrutura baseada na nube coa que cada empresa pode solicitar potencia informática e capacidade de almacenamento segundo as súas necesidades. Do mesmo xeito, proporciona flexibilidade para poder elixir a plataforma de desenvolvemento ou o modelo de programación que mellor se adapte á súa metodoloxía...
30/11/2011 | 12:30
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que regula o proceso para obter un certificado de competencias dixitais en ofimática. Esta certificación, que será emitida pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, permitirá á persoa titular acreditar, ante calquera instancia pública ou privada, as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións, en materia de ofimática.
Con este Decreto, a Administración autonómica establece un mecanismo normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática tanto para persoal das Administracións...
29/11/2011 | 11:00
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén de resolver a convocatoria de axudas para o fomento de empresa dixital coa que subvenciona un total de 32 proxectos tecnolóxicos cun orzamento de 1,3 millóns de euros. O financiamento por proxecto acada os 41.000 euros o que supón un incremento medio por beneficiario dun 18,5% respecto a convocatoria de 2010.
Coa resolución destas axudas complétase o programa de subvencións para impulsar proxectos empresariais no ámbito tecnolóxico ao que se destinou un orzamento de 4,8 millóns de euros en 2011, e que están cofinanciadas polo...

28/11/2011 | 13:00
A Xunta de Galicia contará no 2013 cunha rede de emerxencias propia que integrará a todos os colectivos que participan na resolución deste tipo de situacións. A nova unha rede dixital facilitará unha intervención efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificará as tarefas de coordinación entre eles. A rede empregará o estándar TETRA, a tecnoloxía recomendada a nivel europeo para este tipo de comunicacións vinculadas á seguridade pública e empregada en centos de redes de máis de 100 países.
A posta en marcha desta nova rede xurde para dar resposta á implantación de novos servizos...
A porcentaxe de microempresas galegas con conexión a internet creceu 17 puntos nos últimos dous anos
27/11/2011 | 10:00
O 63,8% das microempresas galegas ten contratada conexión a Internet, experimentando un incremento nos últimos dous anos de 17,1 puntos porcentuais. Das microempresas con conexión a Internet, o 45,7% conta cunha velocidade de acceso de cando menos 4Mbps.
No caso das empresas galegas de 10 e máis empregados, a práctica totalidade dispón de acceso a Internet contratado (98%), 5,1 puntos porcentuais máis que en xaneiro de 2009. Máis da metade (53,2%) conta con velocidade superior a 4 Mbps.
Estes datos corresponden aos resultados das enquisas sobre a Sociedade da Información realizadas ás...

25/11/2011 | 14:45
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou hoxe o foro 'O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos', organizado polo Clúster Audiovisual de Galicia e que se celebra en Santiago.
25/11/2011 | 14:45
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou hoxe o foro 'O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos', organizado polo Clúster Audiovisual de Galicia e que se celebra en Santiago.

25/11/2011 | 14:45
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou hoxe o foro 'O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos', organizado polo Clúster Audiovisual de Galicia e que se celebra en Santiago.

25/11/2011 | 13:00
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada da directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, e da directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, participou na inauguración das novas instalacións do Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostelería Compostela.

24/11/2011 | 16:45
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, esta mañá, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do proxecto de Lei de bibliotecas de Galicia, que renova unha normativa que data de 1989 e que busca un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”. “Este novo marco lexislativo busca o novo modelo de biblioteca para traballar en rede con todos os libros a disposición dos usuarios, para mellorar permanentemente e para avanzar na idea dunha verdadeira biblioteca única da...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- seguinte ›
- última »