Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o director da división de empresas de R, Antonio Fernández Armas, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que se proxecta o desenvolvemento dunha canle de emerxencias 112 que permitirá ofrecer aos cidadáns numerosa información sobre avisos relacionados coas emerxencias. De feito, a canle porase en marcha a partir dunha aplicación interactiva que estará operativa dende as vindeiras semanas e que xa permite ofrecer á poboación información de situacións de emerxencia e avisos á poboación relativos, entre...
O Centro Demostrador TIC organiza mañá xoves, 24 de novembro unha Xornada Demostradora co título “Solucións Tecnolóxicas para a Xestión de Residuos”, na que se mostrará tanto ao tecido empresarial galego como ás administracións públicas diversas solucións tecnolóxicas que axudan a reducir o impacto negativo que no medio ambiente poden ocasionar os residuos xerados pola súa actividade. A Xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 13:30h, fará un percorrido por distintas solucións TIC que permiten incrementar a eficacia en materia do tratamento do lixo das empresas e entidades asistentes...
A Consellería de Economía e Industria apoia un ano máis a celebración de ‘Galiciencia’, a maior feira científica de Galicia, que se celebrará entre o próximo mércores e o venres en Ourense, e que está previsto que visiten máis de 2.000 persoas. O evento, organizado por Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, é este ano actividade de referencia da Semana da Ciencia 2011 en España por medio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería. Durante os tres días que dura a feira, a Tecnópole acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa...
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, recolleu hoxe na sede da Biblioteca Nacional o VI Premio Nacional á calidade e innovación outorgado pola Asociación Española de Documentación e Información (SEDIC) ao proxecto Bibliosaúde da Xunta de Galicia como “mellor contribución” en iniciativas de centros de documentación e bibliotecas de ciencias da saúde. O xurado apreciou especialmente a solidez de Bibliosaúde, da que destacan que conta con “elementos innovadores e orixinais”, e resaltan que contribuíu de xeito significativo “ao desenvolvemento dun entorno participativo e integrador onde...
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Mestre Vide, onde comprobou o funcionamento da aula dixital instalada recentemente neste centro, no marco do acordo subscrito entre a Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria. Durante o percorrido polo centro, no que estudan 440 alumnas e alumnos, o conselleiro visitou as instalacións do polideportivo, tras as melloras realizadas no que vai de lexislatura que, unidas a outras reformas no colexio, superaron un...
A Xunta pon en marcha un conxunto de medidas para informatizar o labor dos profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia. A implantación do sistema informático Simelga, a posta en marcha dun servizo de recordatorio das citas forenses a través de sms, a pilotaxe dun maletín con equipamento tecnolóxico para as gardas forenses e a dotación de novos equipos ofimáticos e de videoconferencia, conforman as principais liñas do proceso de dixitalización do traballo que desenvolven os forenses do Imelga. Todas estas actuacións suman un investimento de preto de 190.000 euros en 2011 e se...
A Consellería de Economía e Industria, a través de Bic Galicia, organiza un seminario en Santiago os vindeiros 23 e 24 de novembro co obxectivo de apoiar na súa estratexia de internacionalización ás microempresas e pemes galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que están en vías de consolidación. Neste obradoiro, organizado en colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga), participarán expertos que presentarán novas tendencias e oportunidades de negocio para empresas TIC que contribúan, tanto a orientar os seus procesos de innovación, como a...
A Consellería de Economía e Industria, a través de Bic Galicia, organiza un seminario en Santiago os vindeiros 23 e 24 de novembro co obxectivo de apoiar na súa estratexia de internacionalización ás microempresas e pemes galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que están en vías de consolidación. Neste obradoiro, organizado en colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga), participarán expertos que presentarán novas tendencias e oportunidades de negocio para empresas TIC que contribúan, tanto a orientar os seus procesos de innovación, como a...
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; fixeron hoxe entrega dos Premios ao Desenvolvemento de Contidos Educativos Dixitais, un acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e ao que tamén asistiron a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; o delgado da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira; e o xefe territorial de Educación en Lugo, José Jesús Ramos Ledo...
A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, acaba de convocar o I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dirixido a mozos matriculados na ESO ou no Bacharelato dos centros educativos da Comunidade Galega. Este concurso, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica,http://www.facebook.com/imitxunta, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Os obxectivos do certame son espertar a...

Páxinas