Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Sala Multiusos do Concello de Vivieiro acolle o luns, 11 de abril, unha das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información. Outras sete cidades e vilas acollerán estas xornadas, que teñen unha duración aproximada de 4 horas e un marcado carácter dinámico e participativo. Durante o mes de abril estanse a...
A Xunta de Galicia considera un éxito o programa “Navega con rumbo polo Ciberespazo”, impulsado pola Secretaría Xeral e Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; que ten chegado a máis de 5.000 escolares que participan no Plan Abalar. Ademais, este proxecto resultou finalista dos premios concedidos o pasado 22 de decembro pola Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet). Es O programa, desenvolvido ao longo de dous meses, tiña como obxectivo impartir charlas divulgativas para que os escolares realicen...
O director xeral do Igape, Joaquín Varela, salientou hoxe a “eficacia” do programa transfronteirizo Bioemprende para activar proxectos empresariais no eido da biotecnoloxía de alto valor engadido para diferentes sectores da economía galega na clausura da xornada de presentación de resultados do proxecto: “Claves do Éxito na Creación e Consolidación de Empresas Biotecnolóxicas”. Bioemprende, liderado pola Consellería de Economía e Industria a través de BIC Galicia, é un proxecto que inclúe á rexión europea formada por Galicia e o Norte de Portugal, no que participan como socios principais a...
Na actualidade, 443 centros de saúde (92% do total), que cobren o 98,4% da poboación, dispoñen de acceso á historia clínica electrónica e á receita electrónica. Así o explicou esta mañá a directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Mª Nieves Domínguez González, quen sinalou que ao longo de próximas datas farase a incorporación progresiva do resto de centros nos que non hai imposibilidades técnicas, despois de realizar a formación dos profesionais no novo sistema. A día de hoxe, indicou a directora, a porcentaxe de dispensación electrónica supera o 70% (con 210.000 diarias)....
No 2010 o Plan de Banda Larga facilitou o acceso a Internet a preto de 250.000 galegos que carecían de cobertura. Deste xeito, en menos dun ano desde a súa posta en marcha o Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, reduciu nun tezo a poboación da Comunidade que non dispoñía de acceso á Rede. Ademais, no 2010 conseguiuse posibilitar o acceso de calidade a Internet á maior parte dos puntos de demanda estratéxica para a administración (centros educativos, centros de saúde, farmacias, xulgados de paz, etc.) sen banda...

Páxinas