Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, celebrarán o vindeiro 16 de febreiro no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela a xornada “Empresas en red” dirixida aos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos.Estas Xornadas enmárcanse nun programa de ámbito nacional “Empresas en Red” do Plan Avanza2, do que se benefician empresarios, autónomos e profesionais de máis de 30 cidades españolas.Nas ‘Xornadas empresas en red’, un equipo de especialistas...
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica apoia as actividades en materia de software libre e código de fontes abertas (FLOSS) das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cunha achega de 120.000 que permitirá realizar máis de 20 actividades nesta materia ao longo deste ano. Con este financiamento, o departamento autonómico contribúe á consolidación de proxectos que se están a desenvolver desde as Oficinas de Software Libre (OSL) universitarias e promove a posta en marcha de nova iniciativas para a promoción do FLOSS en Galicia. Segundo se recolle nun...
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, cualificou hoxe ao Centro Tecnolóxico Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacóns de Galicia, como un “cómplice” da estratexia da Xunta de Galicia no cambio de paradigma que o novo Plan de Investigación, Innovación e Cremento, dotado con máis de 190 millóns de euros, vai instaurar no Sistema Gelego de I+D+i para “profundizar na conexión entre os centros de coñecemento e as empresas para xerar riqueza económica da man de investigación e da innovación”. Javier Guerra, que participou na presentación de resultados do ano 2010 de...
O portal da Xunta de Galicia recibiu durante o ano 2010 un total de 11,6 millóns de visitas das que 350.000 foron realizadas por usuarios distintos. A web da Administración autonómica iniciou o pasado mes de xuño unha nova andaina converténdose nun espazo máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán para encamiñarse cara un espazo 2.0.  A nova web foi concibida pensando en mellorar a atención ao usuario, incrementando nos últimos meses os servizos dispoñibles, ofrecendo unha maior interactividade, novas canles multimedia e o acceso a través das redes sociais.   A incorporación de novos...
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica implantará un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas en cinco puntos presenciais da Administración autonómica e a través de Internet. O departamento autonómico achegará 61.400 euros á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para instalar este servizo co que se contribúe á accesibilidade deste colectivo á información e á comunicación coa Administración en igualdade de condicións. Así se recolle no convenio de colaboración asinado esta mañá entre a secretaria xeral de...
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Sanidade traballarán conxuntamente co sector TIC galego para ofrecer servizos de atención sociosanitarios na casa a través das novas tecnoloxías. É unha das liñas de actuación previstas para o desenvolvemento do Fogar Dixital na Comunidade, que se recolle na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta da estratexia tecnolóxica da Administración autonómica. Este foi un dos temas abordados hoxe pola responsable da Secretaria Xeral cos axentes TIC da Comunidade. Na xuntanza Mar Pereira trasladoulles aos...
Desde a súa posta en marcha a finais do mes de outubro e ata o 21 de xaneiro o espazoAbalar recibiu máis de 15.000 visitas. A plataforma, creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, experimentou un incremento de visitas nos últimos 15 días do 44,5%. O portal Abalar é unha das liñas de actuación do Proxecto Abalar, a iniciativa da Xunta para integrar as novas tecnoloxías nas aulas, que se está a implantar de xeito progresivo no eido educativo da Comunidade. As visitas rexistradas nos últimos tres meses no espazoAbalar contribúen a acadar o...
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, informou o pasado venres ao Consello da Xunta da execución dos proxectos de tecnoloxías da información durante 2010 na sanidade pública galega. No informe destácase que a páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) contou durante o 2010 cun total de 6.205.482 accesos, e outros 3.087.140 á intranet. Con respecto do desenvolvemento do IANUS, a plataforma de integración de sistemas e rexistro de información clínica desenvolvida polo Sergas, destaca que durante 2010 se realizaron máis de 1,2 millóns de accesos de profesionais sanitarios...
O Goberno galego aforrará este ano 1,7 millóns de euros no custo de máis de 3.100 liñas de teléfono que non están integradas na Rede Corporativa da Xunta e que dan servizo a 1.500 centros dependentes de consellerías e organismos autonómicos. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica renegociou as condicións contractuais destas liñas para acadar un control adecuado do gasto e unha mellor optimización dos recursos, obtendo mellores condicións nos centros nos que prestan servizo.  Rede Corporativa Actualmente, a Xunta de Galicia ten unha Rede Corporativa de voz que dá servizo...
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe a xornada “Educación para o amor na era dixital”, celebrada en Santiago de Compostela. O acto organizado pola Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Congapa) reuniu a preto de 200 interesados entre docentes, pais e nais. Durante a súa intervención o conselleiro destacou a importancia de coñecer as novas tecnoloxías e que nestes momentos desde a Consellería “se está facendo un grande esforzo nestes tempos de crise, para que as TIC´s cubran as necesidades escolares e para que...

Páxinas