Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

Unha enquisa realizada nas 'Xornadas Empresas en Rede' en Santiago de Compostela revela que todos os empresarios do sector da venda, mantemento e reparación de vehículos de Galicia asistentes a esta sesión consideran que o uso de tecnoloxía no seu negocio contribúe ao seu crecemento económico. Estas xornadas están desenvolvidas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de entidade pública red.es, e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia para promover a implantación de tecnoloxía especifica deste sector entre as pemes, micropemes e...
Persoas de todo o mundo poderán seguir mañá o acto de presentación das novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles en galego. Vía Lync, os internautas terán posibilidade de asistir de forma virtual ao evento no que a Xunta de Galicia dará a coñecer os últimos produtos de Microsoft en lingua galega. O seguimento do acto poderá realizarse mediante a conexión ao enderezo https://join.microsoft.com/meet/oscarmh/H18N830G. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a empresa Microsoft presentarán mañá as interfaces en galego de...
A Xunta de Galicia pon a disposición do persoal e alumnado dos centros educativos e mais dos profesionais da Administración autonómica un novo servizo en liña para facilitar o uso do galego no seu traballo. Trátase dun sistema que permite consultar o dicionario de galego Digalego e a Enciclopedia Galega Universal (EGU), dúas ferramentas que ata o momento tiñan o acceso restrinxido, grazas á colaboración entre a Xunta e a empresa Ir Indo Edicións. O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o...
A lingua galega amplía a súa presenza no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Faino a través das versións dos últimos produtos tecnolóxicos para traballar e vivir en galego:Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint. O vindeiro 24 de febreiro, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a empresa Microsoft presentarán estes novos produtos en galego no marco da campaña Vive en galego, un proxecto que busca difundir na sociedade as últimas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles na lingua propia de Galicia...
A Consellería de Sanidade pon actualmente a disposición da cidadanía galega un total de 15 servizos públicos sanitarios en liña para o cidadán. O obxectivo é ofrecer máis información á cidadanía e facilitar o acceso á información e ás prestacións ofrecidas polo Servizo Galego de Saúde de modo electrónico, así ao remate do 2008 había dez servizos dispoñibles, e a finais do pasado ano un total de 14 servizos. A petición de citas de Atención Primaria a través de internet é o servizo máis consolidado e cada día son máis os cidadáns galegos que empregan esta ferramenta. En concreto, un total do 96...
A Escola Galega de Administración Pública continua ca publicación en Internet dos temarios para os procesos selectivos da Xunta e, tras a publicación dos correspondentes a axentes facultativos ambientais e legoeiros, acaba de publicar os de ordenanzas, celadores, vixilantes de oficinas, vixilantes nocturnos, subalternos, porteiros, recepcionistas, telefonistas, gardas e gardas xuramentados. Desde a páxina web da EGAP (http://egap.xunta.es/), estarán dispoñibles os textos que se poderán descargar integramente en lingua galega ou castelá, de maneira libre e gratuíta, o que permite á...
Desde a súa posta en marcha o pasado 10 de xaneiro e ata o pasado día 15 de febreiro, un total de 1.200 usuarios consultaron a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo de poboación a través do Rexistro de Demandantes ReDe. Esta aplicación informática está dispoñible na páxina da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica http://imit.xunta.es. Neste primeiro mes de entrada en funcionamento 200 usuarios sen cobertura realzaron outros tantos rexistros de demanda. Esta é unha opción que ofrece ReDe para aquelas persoas sen acceso á Internet que poden cubrir un formulario cos...
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2011. Con esta norma búscase acadar varios fins, relacionados todos eles coa mellora xeral da calidade de vida no medio rural: Promover a utilización de maquinaria e equipamentos agropecuarios e forestais en réxime asociativo; fomentar a construción e/ou adquisición asociativa de edificacións e instalacións relacionadas co...
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de entidade pública red.es, a Subdelegación de Goberno en Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia presentaron esta mañá en Santiago de Compostela unha nova edición das 'Xornadas Empresas en Rede', un programa de ámbito nacional do que se benefician pemes, micropemes e autónomos de máis de 30 cidades españolas. No acto participaron Rafael Chávarri, voceiro de red.es, José Manuel Pose, subdelegado de Goberno en Santiago e Yolanda García Ulla, subdirectora xeral de...
A Consellería de Economía e Industria apoia decididamente o proxecto ‘MOBI2GRID’, dirixido á creación das condicións necesarias para a implantación dun sistema de mobilidade eléctrica integrado e interconectado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través da concepción, desenvolvemento, demostración e proba piloto con vehículos eléctricos. Por este motivo, o director xeral de I+D+I da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, desprazouse a Porto para abrir o acto de presentación desta iniciativa, liderada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Durante a súa intervención,...

Páxinas