Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Consellería do Medio Rural impulsa a través do programa europeo WINETech a innovación e transferencia tecnolóxica -en tódalas fases do proceso de elaboración do viño- para tratar de cubrir as principais necesidades deste sector. No sector vitícola galego, as necesidades prioritarias detectadas acentúanse sobre todo en aspectos relacionados coas melloras na aplicación de tratamentos fitosanitarios, resistencia e selección varietal e clonal a pragas e a mellora sobre o coñecemento de variedades (clones e portaenxertos), seguidas en menor medida pola determinación de novos parámetros de...
O Centro Demostrador TIC organiza o vindeiro 15 de decembro unha Xornada Demostradora sobre “Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria Téxtil”, na que se mostrará ao tecido empresarial do sector diversos servizos e aplicativos TIC que posibiliten a actualización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados. A xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 13:45h, fará un percorrido por distintas solucións TIC como poden ser un sistema para o control do proceso de trazabilidade e outros procesos  da cadea de valor,...
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de inaugurar unha nova edición de ‘Megaxove’, a número doce do Salón da Xuventude de Ourense. Ata o vindeiro día 8 quen se achegue ata Expourense poderá gozar de máis de 60 actividades de lecer e deportivas que converterán este recinto no punto de encontro da mocidade galega durante esta ponte festiva e onde milleiros de rapaces e rapazas participarán de forma activa. Rogelio Martínez acompañado do subdelegado do Goberno, a concelleira de Xuventude, o pte. Comité Asesor Megaxove, a decana Facultade CC Empresariais e...
A Xunta, a través Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vén financiando a través de diferentes convenios de colaboración as actividades da Asociación PuntoGal para impulsar o dominio .”gal” en Internet. Dentro desta liña de cooperación os representantes da Asociación mantiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, de cara a inminente presentación da candidatura de .gal o vindeiro 13 de xaneiro. A Asociación PuntoGal, constituída co obxectivo de conseguir a creación do dominio “.gal” en Internet, vén realizando nos últimos anos todos os...
A Consellería de Cultura e Turismo, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación TIC da Deputación de Lugo convocan dous monográficos de inglés audiovisual que terán lugar nas Escolas Oficiais de Idiomas de Santiago de Compostela e Lugo a partir do 24 e 26 de xaneiro, respectivamente. Os cursos, que este ano terán unha duración de 50 horas lectivas, serán impartidos polo profesorado destas escolas oficiais e celebraranse de xeito simultáneo nas EOI de Lugo e Santiago de Compostela a partir dos días 26 e 24 de xaneiro,...
O Centro Demostrador TIC de Galicia participará desde hoxe e ata o 8 de decembro na XVIII Edición da Feira dous Autónomos de Galicia, FEMAGA 2011, que se celebra no Recinto Feiral de ExpoCoruña, mantendo un posto de información ao público durante todo o evento. A presenza do Centro Demostrador TIC nesta feira, que constitúe unha cita anual ineludible en Galicia para profesionais de distintos sectores, ten como obxectivo fundamental achegar aos autónomos da nosa comunidade as vantaxes das novas tecnoloxías e os beneficios que pode ter a súa implantación na produtividade e competitividade dos...
As aulas CeMIT de máis de trinta localidades galegas acolleron dende o 21 de marzo ata o pasado xoves, 1 de decembro, ás máis de mil persoas que asistiron ás distintas actividades organizadas pola Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) no marco do seu programa de Formación Multimedia e Audiovisual. Tratábanse de cursos relacionados co sector multimedia e audiovisual, que combinaban a modalidade presencial e on-line. Os interesados tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todos os segredos relacionados co streaming de audio e vídeo, a...
A secretarias xerais de Modernización e Innovación Tecnolóxica e de Política Social, Mar Pereira e Coro Piñeiro, respectivamente, presentaron hoxe, na véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o estudo sobre “O uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade”. Os obxectivos desta investigación, realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e dun panel de expertos integrado polos principais colectivos de persoas con discapacidade e a Asociación de...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, esta tarde, despois dunha reunión coa ministra de Ciencia e Innovación en funcións, Cristina Garmendia, a posta en marcha dos proxectos INNOVA-Saúde e Hospital 2050, dotados cun total de 90 millóns de euros, “para mellorar a asistencia sanitaria, crear emprego e mellorar a competitividade na nosa economía”. “Estamos diante de dous proxectos innovadores, dotados con 90 millóns: 63 millóns de euros que recibiremos a través do Ministerio de Ciencia e Innovación de Fondos europeos e o resto o aportará a comunidade autónoma”, matizou. Feijóo...
Hoxe ábrese un novo procedemento de inscrición en listas de diversas categorías de xestión e servizos a través do expediente electrónico do profesional, posto en marcha no mes de xullo deste ano e que ten xerado máis de 800.000 accesos. As categorías para as que se inicia o prazo de solicitude son Celador, Persoal de Servizos Xerais (para centros de saúde) e Grupo Auxiliar da Función administrativa, nas que na anterior convocatoria presentáronse 6.659; 4.418 e 5.049 solicitudes respectivamente. O prazo de inscrición comprende dende hoxe, 1 de decembro, ata o 15 de xaneiro de 2012, estando o...

Páxinas