Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O director xeral do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, presentou hoxe unha ferramenta informática que permite incorporar a calquera páxina web ou blog a información estatística da comunidade autónoma actualizada en todo momento. Campo Andión, acompañado da responsable de Difusión do IGE, Esther López, que realizou unha demostración práctica de como funciona este acceso electrónico, explicou que esta ferramenta é posible grazas aos denominados widgets, pequenas aplicacións que permiten integrar nunha páxina web información externa copiando unhas poucas liñas de...
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica resolverá no mes de novembro a axudas destinadas ao fomento da empresa dixital. O departamento autonómico xa informara no seu día ao sector das previsións de  resolución desta convocatoria de subvención. O elevado número de proxectos presentados, o amplo volume de documentación proposta polas empresas para subsanar xunto co peche do exercicio orzamentario en setembro dilataron este proceso de resolución. Por outra banda, o departamento autonómico xa tramitou unha ampliación dos prazos de entrega de documentación para as empresas que...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, que Galicia contará cunha rede de emerxencias única, que incorpore todos os beneficios da tecnoloxía punta e que suporá blindar, as 24 horas, a resposta ante as emerxencias que se produzan na comunidade. “Galicia contará, por primeira vez, cunha rede dixital de emerxencias en propiedade que integrará e conectará nun mesmo sistema a todos os colectivos. Unha rede que satisfai plenamente os requisitos de seguridade e que blinda a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican...
Mañá abrirase o primeiro procedemento de inscrición en prazos para a inscrición en listas de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde que se leva a cabo a través do expediente electrónico do profesional, sistema posto en marcha o pasado mes de xullo e que ten xerado xa máis de 800.000 accesos. Deste xeito, por primeira vez se facilita a inscrición electrónica nas listas de contratación, o que permitirá ademais axilizar a publicación das mesmas en tanto que a baremación será automatizada. O formulario estará accesible dende mañá, 2 de novembro, coincidindo co inicio do prazo previsto...
A Secretaría Xeral de Modernización acaba de completar este mes a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 68 centros educativos das catro provincias galegas, que se suman aos 93 centros aos que xa se lles facilitara o acceso a esta tecnoloxía en xaneiro. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.    Con esta actuación búscase de dotar tanto ás cidades como ao rural da...
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que regula a presenza da Administración Xeral do Sector Público en Internet. O obxectivo do decreto é garantir a transparencia informativa e impulsar a participación cidadá a través das redes sociais avanzando cara un Goberno aberto. É un paso máis no proceso de modernización da Administración autonómica para mellorar a accesibilidade dos cidadáns aos servizos e a información que Administración pon á súa disposición, acorde coas necesidades dunha verdadeira administración electrónica. Coa publicación deste decreto Galicia convértese na...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta mañá, na rolda de prensa do Consello, a mobilización de 90 millóns de euros para investimentos en materia de sanidade pública, a través da sinatura de dous convenios financiados con Fondos Feder do Ministerio de Ciencia e Innovación e con fondos da Comunidade, co obxecto de buscar a eficiencia nas prestacións sanitarias a través da innovación. “Hoxe, -explicou- aprobamos dous convenios que buscan o mesmo: innovación sanitaria para atopar eficiencia na mellora continua dos servizos sanitarios públicos”. Deste xeito, o titular do Goberno...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta mañá, na rolda de prensa do Consello, a mobilización de 90 millóns de euros para investimentos en materia de sanidade pública, a través da sinatura de dous convenios financiados con Fondos Feder do Ministerio de Ciencia e Innovación e con fondos da Comunidade, co obxecto de buscar a eficiencia nas prestacións sanitarias a través da innovación. “Hoxe, -explicou- aprobamos dous convenios que buscan o mesmo: innovación sanitaria para atopar eficiencia na mellora continua dos servizos sanitarios públicos”. Deste xeito, o titular do Goberno...
O consorcio de empresas Porto Meloxo e Wireless Galicia xunto co grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela presentará mañá no Centro Demostrador TIC de Galicia a nova plataforma Nautigal de integración de servizos especializados para novos modelos de turismo náutico en Galicia. Estes modelos serán canalizados a partir de un portal que integre servizos e produtos buscando a vertebración dun sector con forte presenza nas costas galegas, aínda que non unificado. A plataforma de servizos e produtos proxectada quedará definida e consolidada, procedendo á súa mediante...
As máis de 430.800 mulleres que residen nas comarcas do Baixo Miño e Paradanta (Pontevedra), na comarca de Verín (Ourense) e nas subrexións portuguesas de Minho-Lima e Cávado van beneficiarse dos servizos de catro centros de dinamización integral, situados en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde, que entrarán en funcionamento este mesmo ano. Esta rede de centros vai por a disposición das usuarias estruturas compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades e de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia. Esta iniciativa, baseada no criterio...

Páxinas