Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, asistiu esta mañá na Biblioteca do Consello da Cultura Galega á presentación da sección galega da ferramenta tecnolóxica ‘Cegal en Rede’, promovida pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros, que ofrece a través de internet información de toda índole relativa ao sector de comercialización do libro nos seus distintos formatos. A presentación, enmarcada nas ‘Xornadas profesionais do sector do libro 2011’ organizadas polo Clúster do Libro, contou ademais coa participación do presidente da Federación de...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu hoxe a novo presidente do Cluster TIC Galicia, Gerardo Crespo, nunha primeira toma de contacto tras a recente renovación do equipo directivo. Crespo trasladou á secretaria xeral que o Cluster TIC galego inicia unha nova etapa de unidade na que a nova directiva considera prioritario continuar na senda de colaboración que viña mantendo coa Xunta de Galicia e, concretamente, coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. O presidente do Cluster informou á responsable de Modernización da...
A Comisión Europea sitúa a España como líder no ámbito da accesibilidade dos portais web da Administración Pública Europea segundo os datos publicados no estudo “Monitoring e-accesibility”, situando a España moi por diante doutros países de referencia fóra de Europa que tamén foron analizados no estudo. Podedes ler toda a información na Nota preparada polo Observatorio de Administración Electrónica: http://administracionelectronica.gob.es/recursos/pae_020002028.pdf
A Comisión Europea sitúa a España como líder no ámbito da accesibilidade dos portais web da Administración Pública Europea segundo os datos publicados no estudo “Monitoring e-accesibility”, situando a España moi por diante doutros países de referencia fóra de Europa que tamén foron analizados no estudo. Podedes ler toda a información na Nota preparada polo Observatorio de Administración Electrónica:http://administracionelectronica.gob.es/recursos/pae_020002028.pdf
O número de empresas galegas do sector TIC de Galicia no ano 2010 ascendeu a 1.767 e o seu volume de negocio superou os 2.200 millóns de euros. Así se recolle nas “Enquisas sobre a Sociedade da Información nas empresas do sector TIC en Galicia 2010”, que vén de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. O estudo revela que Galicia conta cun sector tecnolóxico con capacidade de crecemento e co reto de avanzar na súa internacionalización. A enquisa afonda ademais noutros...
A día de hoxe e grazas ao despregamento de Redes de Nova Xeración (NGAs) do Plan Banda Larga da Xunta na provincia de Ourense preto de 6.000 habitantes pertencentes aos núcleos de O Barco e A Rúa de Valdeorras xa poden acceder a redes de 100Mbps de velocidade. Antes do remate do ano duplicarase a cobertura nos devanditos núcleos ata acadar arredor de 12.000 habitantes cubertos nesta provincia.  Unha vez finalizado o Plan da Xunta en 2013, poderanse conectar a estas redes máis de 50.000 habitantes da provincia de Ourense, pertencentes aos núcleos de Allariz, A Valenza, O Barco, Viloira,...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou hoxe a importancia da colaboración e o esforzo de todos os colectivos implicados no proceso de  modernización da Xustiza que está a desenvolver a Administración autonómica. Así o indicou durante a inauguración das II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral. Mar Pereira sinalou que para Xunta de Galicia, a Administración de xustiza constitúe unha área prioritaria de...
No 2010 a maioría dos alcaldes, secretarios e interventores e máis da metade do resto de persoal dos concellos empregaron certificados dixitais para exercitar as súas funcións. É un dos datos destacados dos resultados das enquisas sobre “A Administración electrónica na Xunta de Galicia e nos concellos galegos”, correspondentes a 2010 elaborados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. En canto á Administración autonómica constátase un incremento notorio nos últimos anos nas...
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia está a organizar, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, as “II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos” que terán lugar en Santiago os días 11 e 12 de novembro.  A través de relatorios e mesas redondas as Xornadas buscan informar aos xuíces e maxistrados dos avances en materia probatoria no caso de delitos informáticos. A idea é sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e sobre o que se pode probar e que non. As xornadas...
A Xunta de Galicia realizou hoxe as melloras técnicas necesarias para que preto de 500 veciños do concello pontevedrés de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico. Por mor dos axustes operados no concello de Crecente, durante o día de hoxe se procedeu ao cambio da frecuencia de emisión do múltiple autonómico á canle 40, que afecta ás cadeas TVG, TVG2 e V Televisión. Este proceso afectará exclusivamente aos veciños de 23 aldeas, situadas nas parroquias de Crecente, Vilar e Albeos (que figuran na relación adxunta), que deberán resintonizar os seus...

Páxinas