Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O Centro Tecnolóxico do Mar acollerá o vindeiro 22 de novembro unha xornada técnica sobre a aplicación da irradiación e da nanotecnoloxía nos produtos da pesca e da acuicultura. Trátase dunha iniciativa organizada pola Plataforma TECNOPEIXE en colaboración coa Plataforma Galega Agroalimentaria (PTGAL) e contará coa presenza de investigadores de prestixio que falarán sobre as vantaxes e inconvenientes das devanditas tecnoloxías. Persoal do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía e da Universidade de Vigo exporán así as potenciais aplicacións deste campo do coñecemento nos produtos...
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou hoxe a axilización da xestión administrativa que se está a desenvolver no departamento que dirixe, grazas ao uso das novas tecnoloxías, na inauguración do primeiro Salón Internacional da Tecnoloxía (Site 2010), en EXPOCoruña. Na apertura do Site 2010, que durará ata mañá e contará coa presenza de 281 congresistas, o conselleiro de Economía e Industria fixo un balance dos avances da Consellería de Economía e Industria no eido da e-Administración, no que salientou o feito de que dende o Instituto Galego de Promoción económica “unha...
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe o éxito co que se está a desenvolver a implantación de dous dos programas máis ambiciosos da Consellería, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o Proxecto Abalar, nos centros educativos do Porriño. Durante unha visita aos colexios Antonio Palacios, ao IES Ribeira do Louro, ao CPI da Ribeira, e ao IES Pino Manso, o conselleiro tivo ademais a oportunidade de comprobar en primeira persoa a evolución das obras de reposición que se están a realizar no CEIP Antonio Palacios, así como de coñecer as...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia aprobará proximamente un Decreto que regulará o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos co obxectivo de mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos ofrecidos. Mar Pereira indicou que coa aprobación desta norma o Goberno galego comprométese a implantar progresivamente o uso dos medios electrónicos nas comunicacións, trámites e prestacións de servizos cos cidadáns así como na súas comunicacións internas e con outras administracións...
O subdirector xeral de Calidade, Interoperabilide e Seguridade da Secretaría Xeral, Jaime Barros, destacou hoxe que “o tecido TIC galego especializado en software libre ofrece produtos punteiros, e servizos da máis alta calidade e solvencia e fixo fincapé na “alta capacitación coa que contan as empresas software libre galegas demostrada coa presenza internacional de software libre desenvolto en Galicia ou o alto nivel de colaboración dentro do sector”. Jaime Barros inaugurou esta mañá en Santiago a I Xornada (R) Evousión Cara Modelos de Negocio Baseados en solucións TIC de Código Aberto que...
A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo, inaugurou hoxe en Vigo o VII Foro Rías Baixas, baixo o título ‘Os blogger como novos prescritores do turismo (blogtrip). Novas tecnoloxías, novas formas de comunicación’. Este foro forma parte do plan de desestacionalización de Galicia, cuxo obxectivo é aumentar a ocupación dos establecementos turísticos en tempada baixa e promocionar a nosa comunidade a través de produtos diferenciados e novas experiencias. Dito plan inclúe acordos asinados con representantes institucionais das catro provincias galegas –no caso de Pontevedra o convenio nace...
Antes de que remate o ano en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao O Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñían de acceso á Rede. A día de hoxe, e tras á posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan son xa máis de 150.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. Ademais, no presente ano conseguirase garantir a cobertura de Internet de calidade a máis da metade dos parques empresariais e...
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, xa puxo en marcha máis da metade das actuacións do Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013, presentado o pasado mes de febreiro e que ten como obxectivo proporcionar a dispoñibilidade de acceso á Internet de calidade a todos os galegos. A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, explicará o luns os obxectivos acadados xa no presente ano coas medidas iniciadas. O Plan contempla cinco actuacións das que xa se están a desenvolver 4: a implantación de redes fixas, sen fíos,...
Case 100 centros adscritos ao Proxecto Abalar acollen dende antonte actividades informativas impartidas por especialistas pertencentes ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Informática, ao abeiro da iniciativa “Navega con rumbo”. As charlas divulgativas, que se teñen programado nun calendario de aproximadamente dous meses, están pensadas para que os escolares realicen un uso responsable das TICs. As sesións programadas teñen unha duración de unha hora e, nelas, os relatores, usan medios técnicos propios e abondoso material divulgativo. “Navega con rumbo polo ciberespazo” é unha iniciativa...
A Consellería de Economía e Industria trasladou hoxe ao colectivo de investigadores bolseiros que a Xunta xa ten elaborado un borrador para a convocatoria de novas prazas dos programas de recursos humanos en base ás necesidades que lle teñen manifestado as universidades galegas. O departamento que dirixe Javier Guerra fai este anuncio despois da reunión que mantivo con este colectivo a finais do mes de outubro, e no que, despois de escoitar as súas inquedanzas, trasladoulles o compromiso do Goberno galego co fornecemento dun sistema de investigación e desenvolvemento no eido científico...

Páxinas