Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe os beneficios que a ampliación da velocidade de conexión a internet que a Xunta de Galicia está a desenvolver ten no día a día dos centros de ensino. Así, o conselleiro visitou os IES As Lagoas, en Ourense, e Ánxel Fole, en Lugo, onde se vén de mellorar dita conexión pasando dos 10 aos 100 Mbps, co fin de acadar un uso máis produtivo das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que se utilizan como recursos educativos nestes institutos. Con este obxectivo, ata 90 centros verán aumentada a...
Coa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das tecnoloxías da información e da comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas de Nadal. As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben estar escritas en lingua galega e facer referencia a un tema vinculado co Nadal (para felicitar Aninovo, Día de Reis, festas de Nadal en xeral etc.). As bases do concurso poden consultarse no web de Política Lingüística, a través do enderezo electrónico www.xunta.es/linguagalega...
Un equipo de técnicos dos 9 países europeos que participan no proxecto INTERREG IV Digital Local Agenda vistarán Galicia o vindeiro mes de febreiro para coñecer a experiencia de implantación do Historial Médico Electrónico na Comunidade, tras elixir este procedemento como o mellor exemplo de boas prácticas entre un total de 37 iniciativas relacionadas coa sociedade da información. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Dirección Xeral de Administración Local, e en colaboración co Eixo Atlántico, está a participar na iniciativa europea...
Antes de que remate o ano un total de 53 concellos das catro provincias galegas formalizarán a súa adhesión á Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit) que pon en marcha a Xunta para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías de todos os galegos. A Rede, que iniciará a súa actividade o vindeiro ano, contará cun orzamento de 963.175 euros en 2011. A través destas aulas públicas de acceso á Internet, a Xunta quere promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos e nas zonas onde a fenda dixital é máis...
A Xunta presentará nunha xornada os resultados do programa de promoción do cooperativismo a través do I+D+i, que se desenvolveu durante este ano. As cooperativas beneficiáronse de actividades como a formación mixta (e-learning e presencial), creación de redes; asesoramento personalizado e tutorización. A iniciativa, impulsada polas direccións xerais de Relacións Laborais e de I+D+i, permitiu que as cooperativas interesadas en executar as súas ideas innovadoras tivesen apoio na procura de socios tecnolóxicos axeitados e de fontes de financiamento. Precisamente, o titular de Relacións Laborais...
A Dirección Xeral da Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, en coordinación coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, implantará a comezos do vindeiro ano un novo sistema electrónico que permitirá axilizar os 38.000 movementos anuais que conleva a xestión dos recursos humanos da Xunta de Galicia. Este módulo, denominado RCP-Matrhix, soportará todos os movementos de postos de persoal funcionario e laboral de forma unificada nun único sistema de información. Con esta implantación, eliminaranse as distintas aplicacións que ata este momento soportaban a...
O portal da Xunta de Galicia vén de incorporar un novo servizo que notifica as axudas e subvencións por correo electrónico e sms aos cidadáns. Seguindo uns sinxelos pasos o usuario poderá subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil e as áreas temáticas que lle resulten de maior interese. A canle está situada na dirección http://www.xunta.es/sistema-de-avisos. O sistema analizará a diario as novidades que se produzan no catálogo de procedementos e, en función do perfil e áreas...
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, deu conta do proceso de implantación da banda larga ante os alcaldes e representantes dos 22 concellos do sur lucense que se incorporaron a este servizo durante as últimas semanas. A delegada propiciou o encontro entre os responsables municipais e os de Iberbanda, empresa encargada do despregamento, que detallaron as características básicas do servizo de acceso a internet que xa se presta na zona, baixo a marca Tngo. Na xuntanza, que tivo lugar no Centro Comarcal Expolemos, a delegada amosou a súa satisfacción polo “importante avance...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que dará soporte normativo “a cada unha das accións que levaremos a cabo cun investimento de 26 millóns de euros ata 2013 para acadar unha Administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día e 365 días ao ano”. “Hoxe, -dixo- damos un paso máis para establecer a relación telemática a través de internet entre os cidadáns e a Administración autonómica”. Segundo Feijóo, hai unha serie de...
O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica na Administración pública galega. O obxectivo é avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos e no impulso da Administración electrónica para unha maior eficiencia interna e nas relacións intra e interadministrativas. O obxectivo final é garantir aos cidadáns a posibilidade de relacionarse telematicamente coas administracións públicas aforrando custos e tempo, independentemente do lugar onde vivan e do nivel administrativo desde o que inicien a tramitación (...

Páxinas