Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, esta tarde, a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como “unha oportunidade económica e social para saír vigorosos da crise”. “Máis que unha recompilación de actuacións, 2014.gal é unha oportunidade económica: con máis de 900 millóns de euros achegados pola Xunta que xerarán un investimento total de 1.600 millóns de euros; máis de 12.000 empregos ata 2014, e incremento do sector no PIB do 4,8 actual ao 6%, iniciando así a senda da converxencia con España e con Europa no que representa este sector para a economía dun país. E unha oportunidade...
A posta en marcha do Laboratorio Oceanográfico de Calibración do Centro Tecnolóxico do Mar contribuirá á mellora da observación oceanográfica e meteorolóxica ao permitir asegurar a calidade dos datos das redes de medida. Así púxose de manifesto hoxe no acto de inauguración da nova infraestrutura, que tivo lugar na sede da Fundación CETMAR en Vigo coincidindo coa reunión plenaria dos socios do proxecto europeo RAIA “Observatorio Oceánico da Marxe Ibérica”, cuxos fondos permitiron sufragar en grande parte esta nova infraestrutura. A eles se referiu a directora xerente do CETMAR durante o acto...
En virtude do contrato asinado en outubro de 2010 coa Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, xa está disponible o servizo de certificación que permite a obtención dos certificados dixitais necesarios para o desenvolvemento da administración electrónica. O ámbito de aplicación do servizo prestado pola autoridade certificadora serán os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia, o CIXTEC e o SERGAS, así como as Universidades Públicas da CCAA de Galicia, o Consello de Contas, o Parlamento de Galicia, o Valedor do Pobo e as Deputacións Provinciais. Os servizos de certificación...
Unha guía editada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) en colaboración coa Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña (Asinec) recolle un decálogo de boas prácticas para evitar riscos neste sector e asegurar unha actividade laboral máis segura. Os contidos da publicación son eminentemente prácticos na análise dos riscos e danos derivados do contacto coa electricidade na práctica da actividade laboral. A guía recompila os conceptos e medidas preventivas e ofrece pautas de actuación en situacións de emerxencia. Así o sinalou a directora...
A Xunta, a través do portal da administración local de Galicia “Eidolocal”, vén de habilitar un novo servizo de adhesión en liña ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia. Coa subscrición deste acordo as entidades locais poderán integrarse nas actuacións previstas na iniciativa eConcellos, que a través de dúas liñas estratéxicas, seis áreas de actuación e 17 iniciativas está a impulsar a implantación da administración electrónica nos concellos galegos. Comisión de...
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación Galega de Comercio que permitirá a posta en marcha dunha campaña que inclúe un programa de dinamización do consumo, a celebración de seminarios e xornadas formativas e informativas para os comerciantes e o desenvolvemento da web do Portal do Comercio Galego. Guerra explicou que a sinatura deste novo acordo co sector faise ao abeiro do plan integral para a dinamización da actividade comercial Ágora- Agora re-Comercia, que está a coordinar a Dirección Xeral de Comercio. O conselleiro...
O Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Fundación Elecnor, na que exploraron vías de colaboración entre ambas entidades en materia de cooperación. O conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mentres que pola parte da Fundación achegáronse ata a Xunta de Galicia o seu director, o astronauta Pedro Duque, e o seu secretario xeral, Fernando Aragonés. Durante o encontro, os voceiros do Goberno galego coñeceron de primeira man os proxectos de...
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou esta mañá a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital, que poderá visitarse en ASPANAS. Durante o acto de inauguración, Martínez lembrou que todos os contidos que se exhiben na mostra están feitos por empresas e universidades galegas e amosou a súa satisfacción porque esta mostra recalase nun centro de persoas con discapacidade, en ASPANAS. Pola súa banda, o Director de Comunicación da CRTVG, Fernando Ojea, manifestou o orgullo da entidade por celebrar os seus primeiros 25 anos e...
A valorización dos subprodutos pesqueiros e as súas aplicacións industriais abordáronse hoxe nun seminario organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo no marco do proxecto IBEROMARE, iniciativa na que a Fundación galega traballa xunto a entidades de España e Portugal cara a xerar propostas para valorizar recursos mariños non aproveitados ata agora. Nesta liña discorreron os relatorios de hoxe, nos que os expertos defenderon a unión do sector pesqueiro cara a conseguir eses obxectivos. Sobre a realidade da valorización en Galicia falou nun dos primeiros relatorios Julio Maroto,...
A valorización dos subprodutos pesqueiros e as súas aplicacións industriais abordáronse hoxe nun seminario organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo no marco do proxecto IBEROMARE, iniciativa na que a Fundación galega traballa xunto a entidades de España e Portugal cara a xerar propostas para valorizar recursos mariños non aproveitados ata agora. Nesta liña discorreron os relatorios de hoxe, nos que os expertos defenderon a unión do sector pesqueiro cara a conseguir eses obxectivos. Sobre a realidade da valorización en Galicia falou nun dos primeiros relatorios Julio Maroto,...

Páxinas