Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O certificado de acreditación da lingua galega (CELGA) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga (ao Celga 5 só se pode acceder mediante a validación de estudos universitarios de especialidade en galego). O vindeiro 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña preparatorios das probas do Celga 2, que ofrecen...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 2 de marzo e rematará o 24 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes. Para acceder a esta actividade formativa os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT.  A inscrición pode...
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita á empresa TMC Cancela, especializada en maquinaria agrícola e forestal, da que destacou que sexa un exemplo de industrialización do rural galego. A compañía, sita en Tordoia, conta cunha capacidade de produción que supera as 2.000 unidades ao ano Conde eloxiou o compromiso da empresa por desenvolver estratexias de crecemento e de diversificación de mercados na procura dunha maior proxección internacional; unha estratexia supeditada á adopción de fórmulas baseadas na innovación e no modelo 4.0. O titular...
O uso do comercio electrónico entre os galegos de 16 a 34 anos é practicamente o dobre que o que fan dos maiores de 35 (73,8% fronte a 38,4%).  É un dos datos que se recolle no estudo “A Mocidade e as TIC. Edición 2019” que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega.   O informe sinala que o 93,7% dos mozos e mozas e 16 a  34 anos navegan diariamente  pola rede fronte ao 80,4% dos galegos de 35 a 74 anos. Entre os indicadores que analiza esta nova edición do estudo destaca, tamén, que máis do 97% dos mozos e mozas galegos...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza xunto a Red.es a quinta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto. En febreiro, #MesD centrarase na adquisición de competencias persoais para a transformación dixital con catro actividades: ¨”Creatividade e innovación” (4 de febreiro); “Pensamento crítico” (11 de febreiro); “Resolución de problemas complexos” (18 de febreiro); e “Xestión de persoas” (26 de febreiro).  Todas estas actividades desenvolveranse...
  O comercio electrónico creceu en Galicia no último ano en todos os tramos empresariais. Tanto as empresas de máis de 10 traballadores como as microempresas realizaron vendas online por riba da media estatal en 2019. Tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado   Son datos recollidos no informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2019, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito Amtega. O estudo analiza a transformación dixital das empresas...
A Xunta vai por en marcha o expediente dixital do empregado público, que permitirá a xestión electrónica de todos os procesos vinculados á  carreira profesional dos profesionais da Administración autonómica. Con este obxectivo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de licitar a adaptación, evolución, implantación e soporte da plataforma FIDES, o sistema que se está a empregar no SERGAS para xestión dos recursos humanos do ámbito sanitario.    Unha vez en marcha, o sistema permitirá a xestión integramente dixital das listas de contratación, dos procesos selectivos...
A iniciativa DIXIT, que impulsa creación  de contidos educativos dixitais innovadores coa implicación do profesorado e os sectores TIC e audiovisual, vén de incrementar a súa oferta incorporando novos recursos para as materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, que xa están dispoñibles no Repositorio de Contidos de  espazoAbalar e na plataforma do libro dixital. No caso de  Matemáticas, incorpóranse novas regletas dixitais, orientadas á aprendizaxe de conceptos matemáticos abstractos a través da manipulación e de figuras 3D, o  que facilita a interiorización de algoritmos e conceptos...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. “Son tanto para empresas como para centros tecnolóxicos de Galicia”, afirmou, subliñando que estas convocatorias de axudas xa se empezaron a publicar e completaranse de xeito inmediato nas próximas semanas.   Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, Feijóo destacou o proxecto...
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.   O departamento educativo da...

Páxinas