Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, subscribiu hoxe en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido. Este acordo busca reforzar a colaboración, no tocante ás tecnoloxías da comunicación e da información no ámbito xudicial,...
Os vigueses poden disfrutar a partir de hoxe e ata o 15 de decembro dos últimos avances tecnolóxicos que ofrece a mostra itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Medios en colaboración coa de Familia e Benestar. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, inauguraron hoxe  a mostra no Centro Sociocomunitario do Calvario de Vigo que poderá visitarse gratuítamente de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, excepto o domingo 13 que permanecerá pechada. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,...
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica segue a preparar o Plan Director de Banda Larga de Galicia que comezará a executar a principios de ano, e co que prevé dar solución ás dificultades que existen na xeografía galega para acceder a internet, e que o Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións pon de manifesto. Este departamento da Xunta que dirixe Mar Pereira, vén de elaborar o Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, un “diagnóstico exhaustivo”, en palabras da secretaria xeral, do nivel actual de despregamento da banda larga na nosa comunidade, tendo...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, aproveitou a súa participación no foro Novas estratexias das Administracións nos servizos públicos en tempos de crise para resaltar o papel das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) como eixo vertebrador da sociedade galega. Nesta liña, Pereira destacou a aposta do Goberno galego coa creación da propia Secretaría Xeral de Modernización que, en dependencia directa coa presidencia da Xunta, constitúe unha ferramenta de alto nivel estratéxico neste ámbito. Así, durante a súa intervención no foro, no que...
A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, remitiulles hoxe a todas as empresas do sector TIC galego a Guía de Recomendacións en materia de infraestruturas para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. O obxectivo desta guía, que tamén lle foi remitida xa ao presidente da Federación Galega de Municipios co obxectivo de que sexa distribuída aos 315 concellos galegos, é garantir a acción coordinada entre a Xunta e as entidades locais e as asociacións do sector, como elemento fundamental para acelerar a incorporación das tecnoloxías da información e a...
A Xunta de Galicia, amosou durante toda esta semana a intención e o compromiso de achegar as TIC á cidadanía galega. O expositor da Xunta no evento tecnolóxico itinerante Movemento Avanza puxo á disposición dos visitantes ordenadores con acceso a internet, un punto de información, un lector de pegadas dactilares e de DNI electrónico, ademais de diferentes materiais audiovisuais. Os que se achegaron ao expositor tamén puideron observar un apartado dedicado á Televisión Dixital Terrestre (TDT) no que a Xunta de Galicia divulgou información sobre a situación e o futuro deste servizo en Galicia....
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, orientará ao conxunto dos concellos galegos na realización de proxectos relacionados coas novas tecnoloxías con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local durante 2010. A secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, remitiulle ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha Guía de Recomendacións en materia de infraestruturas para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, co obxectivo de que sexa distribuída por todos os concellos. Ademais, e co...
A Xunta de Galicia pon en marcha un novo portal, iMit, onde recolle todas as súas iniciativas e servizos en materia de tecnoloxías da nova información e a comunicación. O obxectivo deste proxecto é poñer ao servizo da sociedade galega un espazo web único de información en materia de sociedade da información e divulgar todas as actividades que se están a impulsar desde o Executivo autonómico nesta materia.  Deste xeito, esta plataforma web iMit (http://imit.xunta.es), posta en marcha pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) nace co obxectivo de converterse no...
A Xunta de Galicia amosará as posibilidades das comunidades sociais de internet na feira tecnolóxica Movemento Avanza, aberta ata o domingo no Palexco da Coruña. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica organiza, a partir das 18,00 horas de hoxe, este obradoiro co obxectivo de dar a coñecer o funcionamento de redes como Tuenti e Facebook e mostrar aos posibles novos usuarios como acceder a elas e abrir unha conta. Así mesmo, dentro da programación deseñada pola Secretaría de Modernización, o Goberno galego organizará mañá sábado a partir das 17,00 horas unha xornada sobre...
A Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, participa na exposición tecnolóxica Movemento Avanza cun stand que pretende achegar as TIC á cidadanía galega. O posto da Secretaría Xeral de Modernización inclúe ordenadores con acceso a internet, un punto de información que tamén dispón dun lector de pegadas dactilares e de DNI electrónico, ademais de diferentes materiais audiovisuais. O stand conta tamén cun apartado dedicado a Televisión Dixital Terrestre (TDT) no que a Xunta de Galicia divulga información sobre a situación e o futuro deste servizo...

Páxinas