Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

  Profesionais do sector primario, forestal, turístico e tecnolóxico, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Ourense as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edg2030) para aplicar a tecnoloxía á xestión territorial intelixente. Nesta primeira xornada o debate xirará en torno á conectividade de altas capacidades, ao incremento da competitividade do sector primario, o reto demográfico, os novos modelos de transporte e a eficiencia enérxica.   O primeiro dos Foros de Debates profesional da...
O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo,  enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.  A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro. Impartido por expertos ...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou hoxe que aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.  A responsable da política tecnolóxica da Xunta participou hoxe en Madrid na Xornada España na Europa da Intelixencia Artificial, organizada por EY e Deusto Bussines School, onde incidiu en que a aplicación da intelixencia artificial a diferentes sectores económicos enfróntase...
A Xunta avanza no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa celebración na primeira semana de xullo do foros de debate profesional aos que están convocados axentes sociais e económicos da Comunidade. Estas xornadas, organizadas pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia. En total, celebraranse catro sesións de traballo que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, contando coa ...
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Fundación Vodafone España veñen de asinar un convenio para reforzar as competencias dixitais nas aulas coa programa “DigiCraft no teu cole”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa. Nos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria que permitirá a un máximo de 50 centros escolares adherirse ao programa, que terá unha duración de dous anos e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen hoxe ao Gaiás a World Robot Olympiad Galicia 2019 (WRO), unha olimpíada de robótica educativa de alcance internacional, que se celebra anualmente e que, cada ano, xira ao redor dunha temática diferente. Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais. Os retos da edición de 2019 están dedicados ás Cidades Intelixentes. Os participantes deben construír, nun tempo récord, un...
O pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) celebrouse esta mañá en Santiago, presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, que deu conta das medidas desenvolvidas durante os catro anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do Osimga para 2019 e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio. Desde 2015, a ADG2020  mobilizou máis de 900 millóns de euros, dos que máis de 260 se corresponden con...
A Historia Social Única Electrónica (HSUE) estenderase no 2020 aos dispositivos móbiles como axuda na atención ás persoas maiores, familias e coidadores. Así o adiantou esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a visita ao Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras Sociosanitarias (CETISS) de Minsait, a filial de Indra, desde o que a compañía desenvolverá esta iniciativa. No acto participou tamén a conselleira directora xeral de Tecnoloxías da Información de Indra, Cristina Ruiz. Segundo se avanzou no acto, a Xunta porá en...
Todos os centros educativos públicos de Galicia terán acceso o vindeiro curso de forma gratuíta á plataforma Office 365 de Microsoft, que inclúe a ferramenta de colaboración Microsoft Teams. Máis de 280.000 alumnos e máis de 28.000 docentes poderán aproveitar os recursos da plataforma, que estará dispoñible en galego e castelán, grazas a un acordo entre a Xunta e Microsoft. Esta plataforma educativa na nube proporciona unha contorna de aprendizaxe segura e innovadora e dota aos alumnos de habilidades dixitais, como a colaboración, creatividade e o pensamento computacional, claves para facer...
A mellora da conectividade do tecido empresarial é unha das liñas de actuación do Plan de Banda Larga 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). En catro anos as medidas do Plan posibilitaron o acceso a redes de ata 600Mbps a máis de 1.750 empresas de 81 polígonos industriais e outras máis de 80 situadas fora destas áreas. A Amtega vén de adxudicar as axudas da última convocatoria para empresas illadas, da que se beneficiaron un total de 51 empresas de 33 concellos distintos. Cun importe total de 588.000 euros a Axencia autonómica subvenciona...

Páxinas