Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación dos primeiros resultados do Creative Loci Iacobi, un dos proxectos europeos nos que a Xunta vén participando nos últimos anos coa vista posta no vindeiro Xacobeo 21 e que permite aplicar novas tecnoloxías para promover o Camiño de Santiago en Europa, tanto entre os peregrinos e potenciais turistas como entre os investigadores. Como explicou, trátase dunha iniciativa coa que o Goberno galego continúa a “establecer instrumentos estables de cooperación europea en materia turística” co resto de...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Plan DigiTalent para o curso 2019/2020 con 36 iniciativas, 13 máis que na anterior edición, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital. As liñas do Plan para este curso pecháronse nunha xuntanza de traballo que tivo lugar esta semana coas empresas tecnolóxicas do pacto dixital, que se adheriron ao Plan, Indra, everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone,...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que a “ciberseguridade é un elemento chave” no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e un dos vectores sobre os que se está a elaborar a estratexia dixital de Galicia para a próxima década. A responsable da política tecnolóxica da Xunta inaugurou esta mañá o I Congreso de ISACA en Santiago, que reúne a preto dun cento de profesionais do ámbito da ciberseguridade.  Na súa intervención, Pereira sinalou que  “a vida é dixital” e a seguridade e a confianza son elementos...
A Cidade da Cultura acolle hoxe a Xornada “Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso”, na que se presentan os 17 casos de uso 5G que se van a desenvolver na Comunidade. O encontro foi inaugurado pola directora da  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia ( Amtega), Mar Pereira, e o  CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, que previamente formalizaron un acordo para establecer diferentes liñas de colaboración entre o Observatorio Nacional 5G e a  Amtega no marco do Plan Galicia 5G. A directora de  Amtega destacou que, coa posta en marcha do Plan Galicia 5G “conformamos un...
Un total de 90 axentes do sector agrogandeiro participaron hoxe en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).   O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, que avanzaron...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro 17 de setembro en Forcarei a primeira xornada “Primare Demo-Days” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). É o primeiro dos dous encontros previstos para dar a coñecer a responsables de explotacións agrarias, en especial dos...
A Cidade da Cultura acolle o vindeiro día 18 de setembro a Xornada “Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso”, na que se darán a coñecer os 17 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Retegal, afondará nas vantaxes desta tecnoloxía para cuxo despregamento a Unión Europea esixe aos Estados membros realizar, previamente, casos de uso. O encontro arrancará coa sinatura dun convenio para formalizar a adhesión do Observatorio Nacional do 5G ao Nodo Galego 5G, un punto de...
Os 23 matriculados no primeiro Curso de Especialista Universitario en tecnoloxías de Quinta xeración 5G recibiron hoxe a benvida da directora da Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, na xornada inaugural que se celebrou esta mañá na Escola de Enxeñaría en Telecomunicacións.   A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Amtega, a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro. Este programa formativo, enmarcado no Plan...
A Xunta de Galicia  analizará novas novas liñas de colaboración coa Asociación PuntoGal, segundo avanzou hoxe a directora da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Rosa Méndez, na apertura do encontro dos Geotlds, esta mañá en Santiago de Compostela. Geotlds, integra arredor de 90 rexistradores de dominios de cidades, rexións ou comunidades lingüísticas, que abordarán ata o día 13 diferentes temas de interese para o colectivo como a lexislación relativa á protección de datos, ou liñas estratéxicas de márketing. Durante a xuntanza a directora de Sociedade Dixital recalcou hoxe o compromiso da...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación. Durante o acto esta mañá de presentación do Piloto 5G, déronse a coñecer os 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a exploración e diagnóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas nas que xa están a traballar os...

Páxinas