Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital  e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada  informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, será o encargado de ofrecer o...
O vindeiro 10 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura #IURISTICGAL18, a VIII Xornada de Informática Xudicial que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega). Nesta VIII edición a xornada leva como título Privacidade, blockchain e ciberseguridade e os seus contidos, estruturados en catro relatorios e unha mesa redonda, están orientados a afondar na nova realidade tecnolóxica derivada do blockchain e nos conceptos de privacidade e ciberseguridade, analizando as súas implicacións xurídicas. A...
A Xunta de Galicia dá un paso máis no seu compromiso co impulso á modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial galego, poñendo en marcha unha nova edición de Reacciona TIC dentro Programa Reacciona. A iniciativa, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o IGAPE ofrecerá ás pemes galegas un catálogo unificado de servizos a prezos reducidos orientados a mellorar a súa competitividade a través de  aspecto operativo, estratéxico ou de incorporación de tecnoloxía. Esta nova edición do programa Reacciona, que conta cun orzamento...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha da 1ª edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia co obxectivo de reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Segundo sinalou o presidente, o dito plan engloba 30 iniciativas con máis de 2.500 prazas en tres eixos de actuación: o impulso das vocacións STEM, a promoción da adaptación aos novos perfís dixitais e a formación de E-líders para a transformación dixital. Con respecto ao primeiro eixo, Feijóo...
O 60% das empresas TIC galegas sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa. A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un 4,3% máis que o ano anterior. O informe sinala que preto do 34%. do persoal do sector ten titulación de grao superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados coas TIC. Así se recolle no “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro as xornadas formativas “Non tolees coa wifi”, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia. Nos últimos anos está a crecer o nivel de uso da banda larga en fogares e empresas, cada vez son máis as familias que precisan contratar un servizo de internet pero aínda existen moitas dúbidas e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar o portal web educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.gal/portal/) a un deseño renovado, máis atractivo e innovador.  A nova web, na que os usuarios poden acceder dun xeito máis dinámico á información, presenta unha nova funcionalidade adaptativa, o que vai permitir a correcta visualización dunha mesma páxina en distintos dispositivos (portátiles, móbiles, tablets…), xa que redimensiona e coloca os elementos publicados de forma que se adapten ao ancho de cada...
As microempresas galegas apostan pola banda larga móbil. O 72,4% das empresas deste segmento contratan este tipo de servizo superando a media estatal. Entre as empresas de 10 e máis empregados, destaca a  incorporación ás novas vangardas tecnolóxicas: robótica, big data e cloud computing. Esta son algunhas  das conclusións que se extraen da enquisa sobre “O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2017/2018” publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á...
A Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) aposta por Galicia e pola cidade da Coruña para celebrar o seu primeiro evento fóra de Cataluña. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou que o encontro nace pivotando na cidade herculina pero con vocación de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade. A responsable autonómica, que participou hoxe na presentación da Mobile Week Coruña, destacou que o apoio institucional da Xunta, a Deputación e o Concello da Coruña, xunto co Club...
  A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director de Innovación e Negocio da CRTVG, José Pereira, inauguraron esta mañá na Cidade da Cultura o Workshop de Consultas ao mercado para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos Ambas entidades están a colaborar para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo, no marco do Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset. As empresas dos sector TIC e do Audiovisual poderán coñecer durante esta xornada...

Páxinas