Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu hoxe á inauguración do Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos (Cetgavi) que tivo lugar no Polígono da Granxa, no municipio pontevedrés do Porriño. No acto, o representante autonómico incidiu na importancia do sector, o primeiro de consumo cultural en España por ingresos. Segundo indicou, o peso de Galicia supón un catro por cento do sector español do videoxogo, ocupando o sétimo lugar entre as comunidades con trinta operadores económicos activos e 16 estudios. Catro deles localízanse na provincia de Pontevedra, un na cidade do Lérez...
A Amtega e R veñen de lanzar os 5 retos do programa startups R DiCo Challenge, que xa están publicados na web da aceleradora dixital do operador galego (http://www.startupsr.com/dico-challenge). Os emprendedores e empresas novas ou consolidadas que queiran participar poden presentar as súas propostas a través do formulario habilitado neste portal ata o vindeiro 8 de febreiro. A posta en marcha desta aceleradora, que foi presentada a finais de novembro na Coruña polo director xeral de R e a directora da Amtega, enmárcase no Plan DiCo Mindset da Xunta, para contribuír a configurar un sector de...
A Xunta avanza un paso máis na dixitalización dos servizos das Oficinas Agrarias Comarcais coa súa integración no modelo corporativo de impresión e dixitalización de documentos. Con esta iniciativa, que se completará antes de que remate o ano nos 68 centros da Rede, a Administración complementa as actuacións en marcha para adaptar os postos de traballo dos empregados públicos ás necesidades do proceso de dixitalización no que está inmersa.  Para conseguilo aposta por un modelo de impresión e dixitalización que establece a  redución de dispositivos instalados e xestionados, estendendo o uso...
Entre os días 10 e 20 de decembro  1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.   Por toda GaliciaNos seguintes días, ata o 20 de decembro...
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o polígono industrial de Muros acompañado polos empresarios do parque empresarial. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola...
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Boqueixón, acompañado polo alcalde, Manuel Fernández, e polos empresarios do polígono. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. Este documento, dispoñible na web da Amtega, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades. O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso. Coa súa...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R poñen en marcha a aceleradora de contidos dixitais Startups R_DICo Challenge, no marco do plan Dico Mindset impulsado polo departamento autonómico. O obxectivo é rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan da aceleradora  contidos e axudalas a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado dos contidos dixitais entro ou mesmo de fóra da Comunidade. A aceleradora foi presentada hoxe na Coruña pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de R Alfredo Ramos. A responsable autonómica destacou a...
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na inauguración dunha xornada formativa dirixida a alumnado, profesorado e persoal investigador universitario colaborador no desenvolvemento do impulso do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). Esta modalidade impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital) 2020. A titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. “Estamos a falar dunha ferramenta para contextualizar a estratexia europea no ámbito dixital no noso contorno, para aproveitar a posición que a transformación dixital terá no novo marco de financiamento europeo 21-27 e aproveitar os avances dixitais experimentados na Comunidade”, explicou. Durante o acto de inauguración da Mobile Week, Feijóo precisou que esta estratexia contará con tres...

Páxinas