Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaborarán na posta en marcha de sistemas de seguridade para garantir un uso seguro da Internet na infancia e concienciar aos pais e nais sobre os usos e os riscos da rede. Así se establece nun acordo de colaboración asinado entre a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o decano/presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide. O obxectivo deste acordo é...
Todos seguiremos traballando, como ata agora, para que a nosa comunidade sexa sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións”. Así o asegurou esta noite na Toxa o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, onde presidiu a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009, e onde incidiu en que esta é unha das grandes reivindicacións do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións, así como da Escola de Telecomunicacións de Vigo pero tamén, incidiu, “unha reivindicación de toda a sociedade galega, así como deste presidente e do seu Goberno”. Por iso, subliñou, “queremos...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Mar Pereira, subliñou hoxe o impulso ao desenvolvemento da Administración electrónica que suporá a transposición da Directiva europea de servizos, que se completará nos vindeiros meses. As responsable das novas tecnoloxías do Goberno galego participou hoxe nunha mesa redonda no marco do II Foro sobre a Directiva europea de servizos e o incremento da competitividade: unha oportunidade para Portugal, España e Galicia, celebrado na Escola Galega de Administración Pública. Na súa intervención, Pereira afirmou que a...
“Debemos pensar nas telecomunicacións como posible catalizador para reconverter o sistema produtivo galego, saír vigorosos da crise e iniciar a segunda modernización de Galicia”. Son palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Pleno do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, que presidiu esta mañá en Compostela, e no que avanzou as reformas normativas que a Xunta porá en marcha para fortalecer o sector das telecomunicacións e do audiovisual en Galicia. O titular da Xunta remarcou a “urxencia de robustecer as telecomunicacións en Galicia”, e...
A Xunta de Galicia pon en marcha hoxe a versión inicial da súa nova páxina web institucional, no que constitúe o primeiro fito visible do desenvolvemento do proxecto ‘Galicia na rede’. Este programa, que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de xullo, continuará a desenvolverse nos vindeiros meses co obxectivo de establecer un novo modelo da presenza da Administración pública galega na Internet. O redeseño conceptual e visual de www.xunta.es busca converter o portal institucional na ferramenta de referencia da Administración fronte á cidadanía, un primeiro paso cara á nova posición...
Ata o de agora existían símbolos e logotipos diversos, determinados pola diversidade de entes e organismos que integran o sector público autonómico, que podían producir confusión e falla de identificación, e non ofrecían unha visión homoxénea na súa proxección exterior, nas súas manifestacións externas e na súa relación cos cidadáns. O obxectivo do decreto é que, a través dun esforzo de estandarización, a imaxe da Xunta actúe como un elemento de cohesión, moderno e homoxéneo, facilmente recoñecible para os cidadáns e para o resto das institucións. Os elementos básicos da imaxe son o símbolo...
Sostén que se trata dun “importante desafío” no fomento do uso das TIC nos sectores produtivos e socias, e dun instrumento “clave” de competitividade e de estímulo da demanda e da dinamización do sector tecnolóxico galego Apela á cooperación e á lealdade institucional entre os gobernos para establecer políticas que garantan un acceso de calidade ás TIC e que permitan superar a brecha dixital Indica que no tramo de idade entre os 16 e os 24 anos, Galicia adianta en dous puntos á media de España na utilización do ordenador e na conexión a Internet Destaca o “espectacular protagonismo” do sector...
A Secretaría Xeral de Modernización publicou no DOG de 21 de outubro a resolución do 14 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520a). As axudas...
A Secretaría Xeral de Modernización publicou no DOG de 21 de outubro a resolución do 14 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520a). As axudas...
O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias. Neste caso, os novos procedementos incorporados son os seguintes: - Axudas para proxectos de enerxías renovables - Axudas para aforro e eficiencia...

Páxinas