Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O polígono industrial de Botos no Concello de Lalín disporá de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 15 de xuño marzo. O municipio incorpórase ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos. As deficiencias no acceso a unha rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir no mercado actual. A incorporación a esta...
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia do Plan Senda 2014, que foi dado a coñecer ao Consello da Xunta a pasada semana e que por vez primeira establece unha auténtica folla de ruta para integrar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito xudicial. Na inauguración das xornadas ‘As TIC ante o reto da modernización da Xustiza’, Rueda recordou que a Xunta xa puxo en marcha un plan de medidas urxentes nesta materia para os anos 2009 e 2010, que agora ten continuidade neste Plan de Sistemas TIC da Xustiza, coñecido...
A Xunta puxo hoxe en marcha o seu novo portal corporativo, máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán. A web foi concebida pensando en mellorar a atención ao usuario, incrementando os servizos dispoñibles, ofrecendo unha navegación asequible a todos os perfiles, unha maior interactividade e novas canles multimedia. A nova páxina web deixa de lado o concepción estritamente institucional e informativa para avanzar no concepto de administración electrónica, converténdose nunha porta de entrada única onde o usuario poida acceder á información dunha forma moito máis clara. Cada vez serán máis...
A Xunta investirá 34 millóns de euros no primeiro plan de implantación das novas tecnoloxías no ámbito da xustiza en Galicia. Así o anunciou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do Consello da Xunta na que se autorizou a posta en marcha do Plan de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Administración de Xustiza en Galicia: Plan Senda 2014. Feijóo destacou que a Xunta aproba, con este plan, un programa de “actuacións concretas, cun presuposto concreto” que foron deseñadas co asesoramento de 80 profesionais da xustiza na comunidade autónoma. “Damos un paso adiante...
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asegurou hoxe na súa intervención no Parlamento que o 77% das aulas que o vindeiro curso se beneficiarán do Proxecto ABALAR serán de centros públicos e un 23% dos concertados. O titular do departamento dixo tamén que esas porcentaxes ou outras semellantes son as que se rexistran en comunidades mesmo gobernadas por outras forzas políticas, e lembrou que a iniciativa do seu goberno absorbeu o plan Escola 2.0 “no que o Ministerio só aporta a terceira parte dos doce millóns cos que está dotado o ABALAR”. Vázquez Abad...
A Consellería de Economía e Industria lamenta o ataque sofrido pola súa páxina web no transcurso da tarde de hoxe, que estivo bloqueada durante algúns minutos como consecuencia dun boicoteo informático do que se están investigando todos os datos, incluída a súa procedencia. A Consellería de Economía e Industria lamenta que se produzan este tipo de situacións, sobre todo pola marcada vocación de servizo público que ten a súa páxina web, na que se recollen todo tipo de axudas e ordes encamiñadas a cumprir un dos seus obxectivos fundamentais, que é a dinamización do tecido produtivo de Galicia....
Maximizando o valor da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias é o título do 7º Congreso Internacional sobre esta materia que se celebra en Dublín dende o pasado día 5. Este foro reúne aos profesionais que traballan dende todos os ámbitos en avaliación de tecnoloxías sanitarias, como poden ser as institucións académicas, os servizos sanitarios, as empresas, os gobernos e as axencias de avaliación. Avalia-t, que é a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia, organismo dependente da Consellería de Sanidade, participa activamente neste congreso iniciando a súa colaboracion cun...
A Xunta de Galicia está a traballar nun Plan Estratéxico Tecnolóxico Global que establece un modelo de sostibilidade económica, medioambiental e tecnolóxica, que aliñando táctica e estratexia permitirá a redución de custes e o aumento da productividade en tempos de crise. Así o indicou esta mañá a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira durante a súa intervención na mesa redonda “A Sostibilidade TIC na Administración Autonómica” no II Encontro co Sector Público do Observatorio Dintel 2010, que se está a celebrar en Santander. A responsable de Modernización...
A sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acolleu, a través de videoconferencia, a xuntanza do Grupo de Traballo de Observatorios, Medidas e Indicadores do Comité Sectorial de Administración Electrónica, na que se definiu un novo cuestionario para a elaboración da enquisa sobre a eAdministración nas Comunidades Autónomas, un informe que se ven publicando dende o ano 2005. A reunión, na que participaron representantes das 17 comunidades e do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, permitiu reorientar preguntas e determinados aspectos da metodoloxía...
No marco do Plan de modernización da Administración autonómica, a Xunta impulsará os servizos dispoñibles no nodo de interoperabilidade Pasaxe! co obxectivo de acadar o millón de consultas en 2015, o que posibilitará un aforro de 5 millóns de euros pola redución de cargas administrativas. Ademais, este ano porase en marcha o sistema de notificacións electrónicas Notific@, que substituirá as comunicacións certificadas por correo ordinario coas mesmas garantías legais, de seguridade e confidencialidade. Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as...

Páxinas