Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

“Ao lado dos nosos maiores” é o nome da iniciativa que se pon en marcha este mes de xullo en diversas localidades con aula CeMIT de Galicia, grazas a colaboración do operador de telecomunicacións Orange e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dun ciclo de talleres gratuítos, cunha duración máxima de 2 horas, que se levarán cabo ata o mes de outubro nos centros CeMIT de 23 concellos de Galicia. Estarán impartidos por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso. O...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que no vindeiro curso escolar incorporaranse ao proxecto E-Dixgal 60 novos centros, incrementando ata 154 o número de colexios que impartirán unha ensinanza completamente dixital. Así, máis de 11.600 alumnos desde 5º de Primaria a 2º de ESO beneficiaranse desta iniciativa. Actualmente, son 7000 os nenos que aprenden co libro dixital, polo que se produce un incremento de máis de 4600 alumnos beneficiados no próximo curso 2017/18. Segundo destacou o xefe do Executivo galego, a Xunta impulsa deste xeito un...
Un total de 40 empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural se beneficiarán das axudas da Xunta para acceder a internet de banda larga a través de redes ultrarrápidas. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de resolver a convocatoria destas axudas, que supoñen preto de 500.000 euros, o orzamento máximo dispoñible na convocatoria. As subvencións solicitadas polas empresas beneficiarias comprenden entre o 70% e o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga de ata 350 Mpbs ás empresas. Estas liña de axudas cofináncianse ao 75% polo Fondo...
A Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega) colaborarán con Televés e Cruz Vermella na pilotaxe de novas prestacións de fogar dixital sociosanitario no marco do proxecto europeo Activage, que busca crear solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e autonomía das persoas maiores. No marco deste proxecto en Galicia desenvolveranse e probaranse solucións de fogar dixital sociosanitario con 700 usuarios, 100 deles con necesidades puramente clínicas, 450 usuarios de prestacións sociais, e 150 con necesidades sociosanitarias.   A pilotaxe de...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou hoxe que a Axenda Dixital de Galicia 2020 investiu máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social da Comunidade aplicando as vantaxes da tecnoloxía. A responsable autonómica participou hoxe no I Encontro Red.es para a Cooperación Interterritorial en Servizos Públicos e Transformación Dixital, que se celebra na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Santander. Neste foro, Mar Pereira expuxo a...
A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), visitará 10 concellos de Galicia durante este mes con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía. Mentres nais e pais aprenden as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os posibles riscos, as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros prácticos...
O sector dos contidos dixitais presenta un enorme potencial polas súas múltiples aplicacións ao resto dos sectores produtivos, tanto na modernización e innovación do sector audiovisual, dos contidos culturais e do entretemento como pola capacidade de dinamizar ámbitos como o turismo, a educación ou a sanidade. Así o recoñeceu a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na presentación da 16ª edición do Congreso Internacional Mundos Dixitais, que se celebra na Coruña do 6 ao 8 de xullo. A responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou que,...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu esta tarde a coordinación entre as distintas administracións como a clave do éxito á hora de modernizar a Xustiza e facela máis eficaz e útil para os cidadáns. Durante a súa intervención o presidente da Xunta resaltou que Galicia sempre optou polo camiño da conciliación en troques da confrontación, “estamos convencidos de que colaborar, desde a lealdade e a exixencia, ofrece mellores resultados”, aseverou. E por iso se puxo en marcha o servizo de mediación intraxudicial no ámbito familiar en todas as cidades galegas, para solucionar de...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, definiu hoxe a transformación dixital como o afán por contribuír ao crecemento económico e á mellora social aplicando as vantaxes da tecnoloxía. A responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou que este proceso non é só tecnolóxico, senón que require tamén importantes doses de creatividade, valentía e perseverancia así como a implicación de moitos axentes. Durante a inauguración de Galicia TIC, celebrada esta mañá en Santiago, Mar Pereira indicou que o Goberno galego puxo en marcha unha estratexia...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, co obxectivo de fomentar e achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres. O galardón está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), e do Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL),...

Páxinas