Páxinas
29/09/2023 | 15:45
O logro do obxectivo establecido pola UE de que o 100 % da poboación dispoña de acceso a internet de, ao menos, 100 Mbps en 2025, é esencial para que a Xunta poida desenvolver a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, destacou hoxe, en Fisterra, a importancia de que o Estado, no marco do programa ÚNICO, cumpra ese prazo, sobre todo, nos ámbitos rurais.
Julián Cerviño participou hoxe, no faro de Fisterra, na presentación por parte da empresa galega Rede Aberta da tecnoloxía 50G-PON, que permite a dotación de...
A Xunta convoca un concurso e un programa escolar para concienciar ao alumnado sobre ciberseguridade
29/09/2023 | 13:30
A terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará en Santiago os días 2 e 3 de novembro, volverá a acoller entre as súas actividades máis destacadas o concurso escolar Ciberseguridade no cole! dirixido a centros educativos de Galicia de Primaria e da ESO.
No certame, que conta co patrocinio de Telefónica baixo o paraugas do III Encontro CIBER.gal e da súa colaboración como entidade adherida ao Nodo de Ciberseguridade de Galicia, poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO. Realizarán unha rolda clasificatoria en liña o día 18...
28/09/2023 | 15:45
O prazo de solicitudes dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal UNICO permanece aberto ata o 15 de novembro. As axudas poden beneficiar a cerca de 5.600 persoas de unidades familiares identificadas como vulnerables, que sexan beneficiarias da RISGA ou do Ingreso Mínimo Vital ou que acrediten ausencia ou déficit grave de recursos económicos.
O bonos dixitais posibilitan unha minoración mensual de ata 20 euros nas novas contratacións de servizos de internet de banda larga de, cando menos, 30 Mbps, durante un prazo de 12 meses, ata un máximo de 240 euros.
Tamén se...
28/09/2023 | 13:15
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan no mes de outubro unhas xornadas sobre ciberseguridade enmarcadas no programa ‘Tech Kids’, actividade incluída na ‘Estratexia Galicia Dixital 2030’ e no ‘Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital’ e realizada a través do convenio asinado entre o CPEIG e a Axencia para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.
Organizaranse 28...
27/09/2023 | 14:15
O proceso de toma de biomedidas das persoas que viven nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade que dependen da Xunta de Galicia será sensiblemente máis doado e eficaz para os profesionais mediante unha solución tecnolóxica que este ano está a ser implantada en 22 centros da Comunidade.
O sistema é o resultado da colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que contan para a súa implantación, soporte e mantemento coa compañía galega Coremain. Esta solución avanzada forma parte da aposta da Xunta por un...
22/09/2023 | 09:30
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o ciclo formativo “A Intelixencia Artificial no día a día”, para achegar esta tecnoloxía e as súas vantaxes á cidadanía, centrándose especialmente nas persoas maiores de 55 anos.
As sesións teñen unha duración de 90 minutos e desenvolveranse entre os meses de outubro a novembro de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT de A Coruña, Celanova, Guitiriz, Moaña, Ortigueira, Santiago e Vigo.
O obxectivo desta formación é achegar a un público sen coñecementos específicos na materia as nocións e características...
21/09/2023 | 17:00
Un total de 70 persoas empregadas públicas participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Curso superior en Protección de Datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Nodo CIBER.gal. O curso conta coa colaboración da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
O curso foi inaugurado esta mañá pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o directora da Axencia autonómica, Julián Cerviño; e o director da acción formativa, Gustavo Herva.
Os organizadores destacaron o alto interese mostrado polo persoal empregado público, que...
15/09/2023 | 15:15
A Xunta abre hoxe a consulta pública previa da futura Lei de planificación, organización e impulso da intelixencia artificial (IA) en Galicia para recoller as suxestións e achegas que a cidadanía e entidades públicas e privadas poderán realizar ata o vindeiro 15 de outubro a través do Portal de Transparencia da Administración autonómica.
A futura lei galega de IA buscar crear unha regulación única, sistemática e coherente, que permita un uso eficaz, eficiente, ético e seguro da intelixencia artificial na Administración Xeral e do sector público autonómico (SPAG), aliñada co...
15/09/2023 | 15:00
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, destacou hoxe en Vigo, que o traballo desenvolvido pola Xunta no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) está no camiño de acadar o obxectivo de especializar á nosa Comunidade no desenvolvemento dunha intelixencia artificial confiable e humanista na vangarda europea.
Cerviño participou, está mañá, na mesa redonda “Desafíos e oportunidades na transformación dixital de Galicia”, que formou parte dos actos de celebración do 50º Aniversario da implantación da tecnolóxica Seresco na nosa...
12/09/2023 | 14:45
Esta mañá deu inicio o Curso superior de Administración electrónica, unha actividade deseñada para reforzar a formación en competencias dixitais do persoal empregado público galego.
Este curso, convocado pola Escola Galega de Administración Pública e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas.
O obxectivo é mellorar as competencias dos empregados públicos nesta materia...