Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Xunta e INCIBE colaborarán en materia de ciberseguridade e impulsarán accións de formación e concienciación para cidadáns e empresas

• Grazas a un convenio asinado recentemente entre a Amtega e Instituto Nacional de Ciberseguridade
• O acordo permitirá a transferencia de coñecemento e o intercambio de experiencias e proxectos entre ambas entidades neste ámbito
• Tamén promoverá actuacións de sensibilización, concienciación e capacitación para que cidadáns e empresas saiban identificar mellor os posibles riscos do mundo dixital
• O 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede
• O 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas sinalan que empregan sistemas de seguridade


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) veñen de asinar un acordo de colaboración que, ademais da cooperación institucional neste ámbito, permitirá a posta en marcha de accións de capacitación e concienciación destinadas a cidadáns e empresas.

A sinatura deste acordo enmárcase dentro das medidas do Plan Director de Ciberserguridade da Xunta, que ten entre os seus obxectivos principais protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e  cear un clima de confianza para xeneralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas. 

Grazas ao acordo a Amtega e o Incibe colaborarán na transferencia e intercambio de coñecemento e experiencias ou proxectos en ciberseguridade, tanto a nivel estratéxico como a nivel operativo ou técnico. 

Ademais, impulsarán actuacións de sensibilización, concienciación e capacitación dirixidas a pemes, e cidadáns, neste caso especialmente no ámbito de menores, familias, educadores e centros educativos.

Tras a sinatura do acordo, o seguinte fito será a xuntanza da comisión de seguimento, integrada por representantes de ambas entidades para concretar as actuacións e servizos que se desenvolerán.

Ciberseguridade nas pemes galegas
A ciberseguridade é un elemento crave no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e  un tema vital importancia a nivel empresarial. Os últimos datos do Osimga sobre as TIC nas empresas sinalan que no ano 2018 o 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas empregan sistemas de seguridade. Entre as  microempresas este indicador increméntase en 2 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior.

Por outra banda, respecto a percepción dos cidadáns sobre os riscos no mundo dixital, un estudo do Osimga sinala que o 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede

INCIBE
O  INCIBE é unha sociedade estatal adscrita ao Ministerio de Economía e Empresa a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital que se ocupa do desenvolvemento de actuacións de  ciberseguridad e de promover a confianza dixital de cidadáns, e empresas, especialmente para sectores estratéxicos.

Esta entidade estatal coordina actuacións e esforzos co resto de organismos públicos e privados, nacionais e internacionais, que traballan nesta materia.