Xornada de presentación do CCN-CERT en Galicia

Martes 15 de Decembro de 2009

Xornada de presentación do CCN-CERT en Galicia

A xornada terá lugar este xoves 17 de decembro.

O Centro Criptolóxico Nacional (CCN), dependente do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), e o Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información para as Administracións Públicas (CCN-CERT), en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, celebrará unha xornada este xoves de presentación do CCN-CERT en Galicia.

Dita xornada está dirixida aos responsables e técnicos da área de seguridade e novas tecnoloxías das distintas administracións con presenza en Galicia (xeral, autonómica e local).

A xornada terá lugar o próximo 17 de decembro, ás 11.00 h., no Salón de Actos número 2 do Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.