Un total de 53 concellos galegos adheriranse este ano á Rede de aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da Xunta

Luns 06 de Decembro de 2010

Un total de 53 concellos galegos adheriranse este ano á Rede de aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da Xunta

A Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario dos cidadáns á alfabetización dixital especialmente aos colectivos máis afectados pola fenda dixital

A Xunta achegará aos municipios unha cantidade equivalente ao 80% do salario do profesional que se ocupará do centro

Tamén dotará de equipamento informático ás aulas e se encargará do seu mantemento técnico

Antes de que remate o ano un total de 53 concellos das catro provincias galegas formalizarán a súa adhesión á Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit) que pon en marcha a Xunta para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías de todos os galegos. A Rede, que iniciará a súa actividade o vindeiro ano, contará cun orzamento de 963.175 euros en 2011.

A través destas aulas públicas de acceso á Internet, a Xunta quere promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos e nas zonas onde a fenda dixital é máis evidente. Dos 53 municipios que se adherirán a rede, 47 están situados no medio rural e só os seis restantes teñen máis de 20.000 habitantes.

Emprego

As aulas da Rede contarán cun axente TIC que será o profesional que se ocupará da actividade do centro. O Goberno galego garantirá a sostibilidade do emprego subvencionando o 80% do custo da contratación por parte dos concellos aos axentes TIC Ademais, a Administración autonómica ocuparase de dotar de equipamento informático ao centro e do mantemento técnico do mesmo. O concello ocuparase de achegar o 20% do salario do axente TIC e facilitará un local adecuado para as actividades que se van desenvolve nel.

Así mesmo a Xunta de Galicia vai a elaborar e executar un plan de formación continua dirixida aos axentes TIC encamiñado á súa capacitación social e tecnolóxica para consolidarse como elementos dinamizadores das novas Tecnoloxías.

Colectivos

As aulas de Rede disporán tamén dun Plan de Alfabetización Dixital que engloba aos seguintes colectivos onde a fenda dixital é máis evidente, desempregados, maiores, inmigrantes, mulleres, persoas con discapacidade, menores e poboación rural.

Ademais de fomentar o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías, tamén fomentará a formación dixital entre os profesionais galegos, e mostrará ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A Rede tamén difundirá os servizos da Administración electrónica e a capacitará aos cidadáns para empregalos

En canto á infraestructura tecnolóxica da nova Rede terá un papel preponderante o software libre, permitindo deste xeito que a formación da cidadanía en tecnoloxías da información se fundamentalmente en ferramentas de software libre.

Xúntase listado cos concellos que se adhiren
Na provincia da Coruña adheriranse os concellos de Ames, Sada, As Pontes, Porto do Son, Camariñas, Cerceda, Mugardos, San Sadurniño, Corcubión, Vilasantar, Santiago, Ribeira, Boiro, Betanzos, Padrón, Arzúa, Ares e Fisterra

Da provincia de Pontevedra, integraranse na Rede CeMIT os concellos de Moaña, Porriño, Poio, Tomiño, Vilanova de Arousa, A Guarda, Valga, Cuntis, Campo Lameiro, Vigo, Ponteareas e Lalín

Na provincia de Ourense asinarán o protocolo de adhesión os concellos de Ribadavia, Boborás, Castrelo de Miño, Leiro, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, A Bola, Beariz, Manzaneda, Vilar de Santos, Verín, Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Allariz e Castro Caldelas.

Da provincia de Lugo se incorporarán á Rede os Concellos de Lugo, Ribadeo, Burela, Carballedo, O Vicedo, Riotorto e Sarria.