Raquel Arias destaca que o Plan de banda larga da Xunta dotou de acceso a internet a preto de 24.000 persoas que carecían deste servizo na comarca de Terra Chá

Luns 01 de Abril de 2013

Raquel Arias destaca que o Plan de banda larga da Xunta dotou de acceso a internet a preto de 24.000 persoas que carecían deste servizo na comarca de Terra Chá

A delegada territorial indicou que no caso de concellos desta zona as actuacións da Amtega facilitaron “que se multiplicase case por tres a porcentaxe da poboación con acceso a internet con boas condicións nesta zona, pasando dun 32,19% de cobertura a un 85,32% na actualidade”

No ano 2013 prevese que mediante o despregamento de redes fixas e sen fío a práctica totalidade dos habitantes da comarca teñan acceso á banda larga

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou esta mañá que preto do 86% (85,32%) dos habitantes da comarca de Terra Chá contan xa con acceso á internet de calidade.

Arias indicou que se están a “cumprir os obxectivos no desenvolvemento do Plan de Banda Larga” e subliñou que a incidencia deste plan nótase na cobertura que permitiu “en zonas de dispersión xeográfica como sucede nos concellos desta comarca, nos que grazas as actuacións incluídas neste plan se multiplicou case por tres a porcentaxe de poboación con acceso a rede de redes”.

Así, Arias destacou que en apenas tres anos, “conseguiuse que preto de 24.000 persoas máis desta comarca contasen con dotación de acceso á internet, dando servizo na actualidade ao 85,32%, cando antes do inicio do plan só dispoñían destas condicións o 32,19% dos veciños”.

Por concellos, destacan os avances acadados en Guitiriz e en Castro de Rei, onde se multiplicou case por quince o número de habitantes que contan con acceso a internet. No caso de Guitiriz, pasouse dun 5,82% de cobertura a un 85% na actualidade, mentres que no de Castro de Rei, os traballos realizados ao abeiro do Plan de Banda Larga permitiron achegar xa este servizo de internet de calidade a case 4.800 veciños (86,06% dos veciños), cando no inicio do despregamento do Plan de Banda Larga só tiñan un servizo destas características 322 habitantes (5,78%). No caso Begonte, a porcentaxe de veciños con cobertura de calidade chega xa ao 94,71%.

Arias cualificou a tecnoloxía como “elemento fundamental” para superar o illamento xeográfico e resaltou os froitos da aposta tecnolóxica da Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). “Logramos que máis veciños de Galicia e de Lugo teñan internet. E tamén logramos mellorar o acceso nos lugares onde se prestan servizos públicos en toda a comunidade, xa que arredor do 98% dos colexios, xulgados e centros de saúde poden acceder hoxe á rede con calidade”, expuxo.

O cadro comparativo de cobertura na comarca de Terra Chá cos datos actuais é o seguinte:

O cadro comparativo de cobertura na comarca de Terra Chá cos datos actuais é o seguinte:

   
Hab. Totais
Cobertura inicial
Cobertura acumulada
 
 
%
%
Comarca de Terra Chá
44.642
32,19%
85,32%
ABADIN
2.858
9,10%
74,69%
BEGONTE
3.413
Sin sobertura de calidad
94,71%
CASTRO DE REI
5.566
5,78%
86,06%
COSPEITO
5.170
Sin cobertura de calidad
85,16%
XERMADE
2.204
46,69%
80,08%
GUITIRIZ
5.821
5,82%
84,99%
MURAS
787
Sin cobertura de calidad
40,80%
PASTORIZA (A)
3.496
29,92%
68,84%
VILALBA
15.327
74,21%
91,93%

Arias expuxo que indicou que esta mellora de cobertura débese, no caso da comarca chairega, aos despregamentos de redes fixas (ADSL) e redes sen fíos (3G) do plan levados a cabo por Telefónica. Cómpre salientar que se trata dun plan a catro anos, así estímase que ao remate do presente ano a práctica totalidade da poboación da comarca disporá de acceso ao servizo de banda larga de calidade. A poboación restante cubrirase vía satélite.-
Concretamente, Telefónica seguirá a despregar redes sen fíos (3G) e, así mesmo, a poboación que non queda cuberta coas actuacións anteriores, poderá acceder mediante tecnoloxía satélite.

A delegada territorial asegurou que se están a alcanzar os obxectivos do Plan de Banda Larga en prazo e en forma. A día de hoxe, coas accións do Plan de Banda Larga son xa 125.000 os lucenses que poden acceder a internet e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo.

‘Roadshow’ en Guitiriz
A delegada territorial fixo esta valoración coincidindo co presenza do Roadshow Movistar Galicia en Guitiriz, a aula móbil que se achegará nas próximas semanas a boa parte dos municipios da provincia de Lugo e que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego.