Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Os puntos de vacinación de Galicia tramitarán a Chave 365 para que as persoas que o desexen poidan acceder ao seu certificado desde o seu teléfono móbil

• Feijóo destaca que tanto o certificado de vacinación galego como o europeo van facilitar a mobilidade, garantir a protección da saúde pública e contribuír á recuperación da actividade económica

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os puntos de vacinación de Galicia poderán tramitar a Chave 365 para que as persoas que o desexen poidan acceder a través das app E-Saúde e PassCovid ao seu certificado de vacinación.

De feito, explicou, hoxe mesmo se publica no DOG a resolución conxunta que habilita ao persoal empregado da vacinación á realización destes trámites de oficio sempre que o paciente o autorice.

Logo de sinalar que Galicia leva tempo defendendo a necesidade de avanzar neste certificado de “enorme utilidade” e de facelo en coordinación coa UE, Feijóo destacou que tanto o certificado galego como o europeo van permitir: facilitar a mobilidade, garantir a protección da saúde pública e contribuír á recuperación da actividade económica.