Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Os galegos presentaron preto de 300 demandas online nos últimos seis meses de 2018

• Desde o pasado mes de agosto pódense iniciar a través da sede xudicial electrónica os procedementos monitorios en todos os partidos xudiciais
• Os cidadáns tamén poden consultar situación dos expedientes dos que son parte no espazo “a miña carpeta”, que en 2018 rexistrou máis de 11.000 accesos
• Ademais a sede permite comprobar a autenticidade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia e dar de alta apoderamentos de xeito electrónico
• O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial


Nos últimos cinco meses de 2018 os galegos presentaron a través da sede xudicial electrónica un total de 270  procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. 

A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse o pasado ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social. 

A través de https://sede.xustiza.gal os cidadáns tamén poden facer un seguimento do procedemento e consultar os expedientes xudiciais dos que son parte través do espazo “a miña carpeta”, que durante 2018 rexistrou máis de 11.000 accesos.
Na sede tamén se pode comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia, e dar de alta un aproderamento de xeito electrónico rexistrar un apoderamento apud acta O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.  

Cómpre lembrar que a sede está accesible tamén a través do portal  xustiza.gal, no que están dispoñibles a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados 

 Plan Senda
A posta en marcha da sede xudicial electrónica foi un dos fitos previstos previstos no Plan Senda 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os profesionais do eido xudicial. 

Cun orzamento de máis 26,6 millóns de euros o Plan Senda 2020 é a estratexia para consolidar a o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.