Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Os 13 bolseiros DigiTalent comezan en febreiro as prácticas en empresas TIC

• Son estudantes matriculados nos últimos cursos de graos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas ou Enxeñaría e Arquitectura que realizarán prácticas formativas durante tres meses
• É unha das iniciativas Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020 para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais


Os 13 estudantes que accederon ás Bolsas DigiTalent comezarán en febreiro o período de prácticas formativas en empresas tecnolóxicas. Durante tres meses, os bolseiros contarán cun plan de formación e recibirán asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC.  
 
Os bolseiros cómpren os requisitos marcados na iniciativa, ser menores de 31 anos e estar matriculados en carreiras de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura nalgunha das tres universidades galegas e  ter máis do 75% e menos do 100% de créditos aprobados. As bolsas DigiTalent  teñen unha duración de 20 horas semanais e son remuneradas.
 
Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, é froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a Amtega (Amtega), as tres universidades e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.
 
Entidades colaboradoras do programa
As empresas nas que os bolseiros realizarán as prácticas e que, previamente se adheriron ao programa, teñen experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial e wearables, entre outras.
 
Plan DigiTalent
O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, impulsado pola Amtega ten como obxectivos potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais e maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional na economía dixital. 
 
Ao abeiro do Plan desenvolvéronse 16 actuacións desde principio deste curso 2020/2021. En concreto, 7 iniciativas dirixidas á infancia e adolescencia para fomentar o atractivo das profesións científico-tecnolóxicas desde idades temperás; 6 actuacións orientadas a impulsar os novos perfís dixitais entre estudantes, titulados e profesionais; e 3 actuacións para promover as capacidades de e-liderado. DigiTalent, concibiuse como un plan de actuacións vivo e aberto á colaboración e reflexión de todos os axentes do ecosistema dixital. A información sobre as actividades do catálogo DigiTalent, actualízase no web digitalent.xunta.gal.