Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O universo Dragal de Elena Gallego Abad protagoniza a primeira experiencia da plataforma de contidos interactivos impulsada pola Xunta

• A Plataforma PetisGo! foi creada por unha UTE de empresas galegas de tecnoloxía e terá aplicacións educativas e en ámbitos como o turismo ou a cultura
• A ferramenta combina o uso de dispositivos e tecnoloxías como sensores, contornas inmersivas, realidade aumentada ou realidade virtual
• Os propios usuarios, así como profesores e profesionais do audiovisual poderán crear contidos interactivos, denominados “petiscos”, dun xeito sinxelo
• A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a CRTVG impulsan conxuntamente o sector dos contidos audiovisuais no marco do Plan DicoMindset, cun investimento de máis de 13 millóns de euros
• O Dragal Challenge permitirá interactuar en 10 lugares de importancia histórica de Galicia e consistirá nunha ‘busca do tesouro’ que rematará na Alameda de Santiago


O universo Dragal, creado pola escritora galega Elena Gallego Abad, protagoniza a primeira experiencia demostradora da plataforma de contidos interactivos PetisGo! impulsada pola Xunta de Galicia e desenvolvida por unha UTE de empresas tecnolóxicas galegas.
 
Esta plataforma enmárcase no Plan DicoMindset que leva a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración con entidades públicas, como o Igape, a CRTVG ou Agadic; e privadas, como o Clúster TIC, o Clúster Audiovisual e empresas tractoras. Este plan implica un investimento de máis de 13 millóns de euros para o impulso do sector de contidos dixitais.
 
A plataforma PetisGo!, desenvolvida nos últimos 18 meses, ten aplicacións como a creación de contidos para a TV interactiva, a educación, o turismo ou a difusión cultural. Foi creada por Xurelos-Petiscos, unha unión temporal de empresas formada por Cinfo, Sixtema, Xoia, R e Ficción Producciones.
 
PetisGo! forma parte dun convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a CRTVG. Permite xerar e difundir contidos interactivos avanzados para ser desfrutados en distintos escenarios como na natureza ou en visitas a monumentos históricos, e a través de múltiples dispositivos e tecnoloxías como sensores, contornas inmersivas, realidade aumentada ou realidade virtual.
 
A plataforma facilita que os propios usuarios, nenos, adolescentes, profesores ou profesionais do audiovisual creen experiencias interactivas, chamadas “petiscos”, que combinen estas tecnoloxías de xeito sinxelo.
 
Dragal Challenge
A primeira experiencia demostradora, que está xe en marcha, busca demostrar o correcto funcionamento e as funcionalidades da plataforma PetisGO! e basease no universo Dragal, ben coñecido pola xuventude galega e cuxos personaxes servirán para dar coherencia o xogo.
 
O xogo ten como obxectivo amosar 10 lugares de importancia histórica de Galicia.
 
O mundo imaxinario de Dragal salta das páxinas da escritora Elena Gallego Abad a un xogo interactivo que converterá a Galicia nun gran taboleiro de xogo.
 
Dez equipos participantes competirán por premios consistentes en dispositivos móbiles e poderán crear tesouros escondidos con pistas (ovos de dragón) para desafiar aos demais equipos. Os tesouros deben versar sobre historias esquecidas de Galicia e deberán conter obxectos de realidade aumentada creados en PetisGo!
 
Os participantes terán que seguir as pistas para atopar os ovos de dragón espallados por toda a xeografía nunha competición por equipos que culminará nunha gran final.
 
O 'Dragal Challenge' poderase seguir en directo a través da Plataforma PetisGo! en móbiles Android e iOS ou a través da versión para navegador. Desde a Alameda de Santiago de Compostela emitirase un capítulo final, mesturando realidade e escenarios virtuais.
 
Con este proxecto, ofinanciado no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020: “Unha maneira de facer Europa”, a Amtega e a CRTVG pretenden dinamizar o uso de novas canles e medios e a creación de contidos interactivos innovadores acordes ás novas tendencias de consumo no ámbito da formación non regrada para nenas e nenos de entre 6 e 16 anos.