Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Roadshow Movistar Galicia achega as vantaxes de internet e os avances do Plan de Banda Larga da Xunta a 82 municipios do rural galego

A aula móbil arranca hoxe en Vila de Cruces o seu segundo periplo, que rematará o próximo 15 de abril en Vedra

É unha iniciativa enmarcada no Plan de Banda Larga, que xa facilitou o acceso a Internet a máis de 630.000 galegos e cuxo obxectivo en 2013 é conseguir unha Galicia totalmente conectada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

Continúa así a segunda fase dunha iniciativa que na su primeira edición alcanzou un notable éxito -con máis de 2.400 visitas no seu percorrido por 34 poboacións- e que agora achega novidades como a posibilidade de que persoal técnico -coincidindo coa estancia do Roadshow no seu municipio- se desprace ás asociacións colexios ou colectivos interesados en informarse sobre as utilidades de Internet.

Tras a presentación, que contou coa asistencia do director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, e da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o Roadshow Movistar Galicia se trasladará a Vila de Cruces, onde se inicia un periplo que concluirá o próximo 15 de abril en Vedra e que coincidirá con algúns dos principais eventos e feiras locais de Galicia.

A directora da Amtega sinalou que esta iniciativa ten o dobre obxectivo de achegar aos cidadáns as posibilidades que lles ofrece internet na súa vida cotiá e informalos de que, grazas ao Plan de Banda Larga, a súa localidade xa ten acceso á rede. Neste sentido destacou que o Plan xa dotou de cobertura a máis de 630.000 galegos sen acceso a Internet e cuxo obxectivo para 2013 é conseguir unha Galicia totalmente conectada.

As vantaxes de Internet para a vida cotiá

A unidade móbil do Roadshow Movistar Galicia conta con 4 postos con ordenador nos que de forma gratuíta se levarán a cabo diferentes demostracións para que os usuarios experimenten de forma práctica o sinxelo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información -prensa, música, ofertas de emprego, partes meteorolóxicos, trámites coa Administración a través da sede electrónica da Xunta etc. -. A aprendizaxe estará supervisada en todo momento por persoal especializado de Telefónica.

Paralelamente, desenvolveranse accións formativas e informativas a pé de rúa, a través de equipos de traballo provistos dunha tablet e conectados á Rede mediante un USB, que explicarán aos veciños de cada localidade as vantaxes de Internet para a vida cotiá.

Tamén, e como antes se apuntaba, como novidade nesta segunda fase está a posibilidade de que asociacións, colexios ou calquera colectivo poida solicitar a visita - mediante cita previa- dun especialista de Telefónica, coincidindo coa estanza do Roadshow na súa localidade, para que os asesore no súa iniciación na Rede. Os contidos destas sesións prácticas estarán adaptados aos diferentes perfís de usuario.

O Roadshow Movistar Galicia é unha acción complementaria do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, e que ao finalizar o ano terá dotado de acceso a Internet a máis de 11.300 novos núcleos de población do rural galego. Desta actuación se beneficiarán preto de 250.000 persoas, e Telefónica utiliza para o seu despregamento a moderna tecnoloxía 3G-UMTS na banda de 900 MHZ, con gran e de propagación en zonas orográficamente complexas e capaz de alcanzar velocidades de ata 7 megas.

Xúntase calendario do percorrido previsto.