O programa "TIC TAC Galicia" mellorará o acceso á sociedade de información de persoas con discapacidade

Domingo 29 de Agosto de 2010

O programa "TIC TAC Galicia" mellorará o acceso á sociedade de información de persoas con discapacidade

Esta iniciativa desenvolverase grazas a un convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que contempla un investimento de 820.000 euros

A actuación consiste na dotación de equipos e dispositivos tecnolóxicos que permitan o acceso das persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías

Os equipos informáticos instalaranse en 149 centros públicos de acceso a Internet, centros adheridos ao Plan de Alfabetización Dixital, bibliotecas públicas e hospitais, entre outros

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "TIC TAC Galicia", cofinanciado con fondos FEDER. A iniciativa persegue reforzar con novo equipamento os centros públicos para mellorar a accesibilidade á sociedade da información das persoas con discapacidade a través de actividades formativas e do uso da administración electrónica.
O acordo contempla un investimento de 820.000 euros en Galicia, onde a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, seleccionou como beneficiarios desta axuda a 149 centros públicos de acceso a Internet, como centros adheridos ao Plan de Alfabetización, bibliotecas públicas e hospitais, telecentros, bibliotecas públicas, e aulas de formación, entre outros. Nestes espazos instalaranse, a partir de mediados de setembro, ordenadores e portátiles adaptados para que as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan acceder a Internet. Así mesmo, dotaráselles de lectores de DNI electrónicos e realizaranse xornadas de capacitación para que usuarios e responsables dos centros coñezan o uso axeitado destes equipos.

Segundo a directora de Planificación de Red.es, María Fernández Rancaño, "este proxecto contribúe ao apoio que nestes momentos se está a realizar aos centros públicos, con actuacións de valor que potencien o uso destes e que axuden aos cidadáns a sacar todo o proveito ás infraestruturas instaladas no seu territorio".

"Con este novo equipamento, os nosos centros estarán preparados para dar servizo aos cidadáns e para facilitar o acceso a sociedade da información a persoas con distintas discapacidades físicas ou sensoriais,” segundo indicou a secretaria xeral de Modernización e Innovación da Xunta de Galicia, Mar Pereira.

Equipamento sen barreiras
Para deseñar o equipo informático e os dispositivos TIC adaptados, Red.es traballou conxuntamente co Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT), dependente do Imserso. Este equipamento, que permite facer uso dun PC ao 60/70% das persoas con algún tipo de discapacidade, combina software específico e elementos periféricos. Dende ratos alternativos de bola xigante e conmutadores, que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras, ata controladores do ordenador sen mans, que permiten manexalo cun sinxelo movemento do queixo ou a cabeza. Tamén inclúe teclados con teclas de gran tamaño para facilitar a súa pulsación, recomendado para persoas con problemas de mobilidade e/ou visión; pantallas táctiles, que se activan por contacto coa pel e mediante instrucións acústicas, e brazos articuladores para facilitar a suxeición destes dispositivos.
Con este programa, que se enmarca dentro de n Tecnolóxica para Plan Avanza2, e que está cofinanciado con fondos FEDER, preténdese reforzar, con novos equipos e dispositivos TIC adaptados, o traballo que se realiza en numerosos centros que prestan os seus servizos á cidadanía. O programa TIC-TAC, do que se beneficiarán nove comunidades e as dúas cidades autónomas, está dotado na súa totalidade con 6 millóns de euros.

Sobre fondos FEDER
Este proxecto lévase a cabo grazas ao cofinanciamento de e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo por Red.es céntranse en fomentar o desenvolvemento do ámbito produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e da sociedade da información. Red.es é Organismo Intermedio nos Programas Operativos: Programa Operativo Economía Baseada no Coñecemento (POEC), Fondo Tecnolóxico, e distintos Programas Operativos Rexionais.

Sobre Red.es e o Plan Avanza
Red.es é a entidade pública empresarial dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicaciónes y para la Sociedad de la Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (Mityc), encargada de executar determinados proxectos para o impulso da sociedade de información e interactuar con Comunidades Autónomas, Deputacións, Entidades Locais e o sector privado en materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

Avanza é o primeiro Plan que supuxo unha verdadeira aposta real do Goberno e do conxunto da sociedade española para o desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento. O Plan Avanza2 (2009-2012), que se inclúe dentro das medidas do Plan E, www.plane.gob.es, ten como obxectivo contribuír á recuperación económica do país grazas ao uso intensivo e xeneralizado das TIC, cunha especial atención aos proxectos que compaxinen, ademais, a sostibilidade e o aforro enerxético.