Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O programa de voluntariado dixital da Xunta forma a voluntarios de Cruz Vermella na busca de emprego a traves das redes sociais

Un grupo de 40 voluntarios dos Espazos de Busca Activa de Emprego da Cruz Vermella participan hoxe na Xornada Identidade Dixital e Busca de Emprego 2.0

Catro expertos de Infojobs, R, Laboral News e Ega Consultores afondarán na importancia das redes sociais no mercado de traballo e nas claves para construír unha boa identidade dixital para atopar oportunidades laborais

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra hoxe a Xornada “Identidade Dixital e Busca de Emprego 2.0” na que participan 40 voluntarios dos Espazos de Busca Activa de Emprego da Cruz Vermella.

Os Espazos de Busca Activa de Emprego (EBAE) son lugares de busca laboral equipados cos medios técnicos para preparar a candidatura a unha oferta de traballo, subscribirse a ela e facer un seguimento desta. O espazo está dinamizado por voluntariado de Cruz Vermella, que acompaña os usuarios e usuarias en todo o seu proceso de integración sociolaboral.

Obxectivos e Relatores
O obxectivo da Xornada, que se celebra no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica da Cidade da Cultura, é proporcionar a este grupo de voluntarios a información máis actualizada sobre as redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 no mercado laboral así como as claves para construír unha boa identidade dixital para a busca de emprego. Catro expertos nestas áreas serán os encargados de relatar as súas experiencias. Ángeles Otero, delegada da zona norte de Infojobs, Roberto Rodríguez, responsable de Atracción de Talento de R, Francisco José Collado, autor do libro "Twiter e a busca de emprego” e Alberto Fernández, director de Desenvolvemento de Negocio de Ega Consultores, serán os relatores da xornada, que tras as súas exposicións darán paso a un debate aberto cos asistentes.

TIC e busca de emprego
O Programa Voluntariado Dixital continuará a a traballar nesta liña de actuación de “Internet e as novas tecnoloxías para a busca emprego”, contando cos diferentes axentes que estudan e utilizan as novas tendencias no ámbito de internet, novas tecnoloxías e busca de emprego.

O obxectivo é ofrecer aos voluntarios dixitais do Programa un amplo coñecemento neste novo escenario que abren as redes sociais e profesionais proporcionando as ferramentas necesarias para deseñar de maneira adecuada unha identidade dixital para que poidan trasladar estes coñecementos ás persoas en situación de desemprego.

Programa de Voluntariado Dixital: 220 voluntarios e 74 entidades colaboradoras
O Programa de Voluntariado Dixital, no que se enmarca esta xornada, está impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co obxectivo estender a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a oito federacións de persoas con discapacidade.

Para cumprir este obxectivo búscase a colaboración activa entre as institucións, as empresas do sector TIC e as entidades de acción social que traballan apoiando ás persoas con discapacidade, persoas maiores e en risco de exclusión social. A iniciativa suma tamén a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas e o aproveitamento das infraestruturas públicas e a día de hoxe acadouse adhesión de más de 200 voluntarios e 74 entidades colaboradoras, entre concellos, entidades públicas e privadas e organizacións de acción social.