Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O portal web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actualízase cun deseño adaptativo

• A nova versión permitirá unha navegación máis doada dende dispositivos móbiles
• O portal rexistra máis de 360.000 accesos ao mes, o 30% deles desde smartphones e tablets
• Ofrece contidos específicos para familias, alumnado, profesorado, centros e empresas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar o portal web educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.gal/portal/) a un deseño renovado, máis atractivo e innovador. 

A nova web, na que os usuarios poden acceder dun xeito máis dinámico á información, presenta unha nova funcionalidade adaptativa, o que vai permitir a correcta visualización dunha mesma páxina en distintos dispositivos (portátiles, móbiles, tablets…), xa que redimensiona e coloca os elementos publicados de forma que se adapten ao ancho de cada dispositivo. 

O acceso dende un dispositivo móbil ao portal da Consellería de Cultura e Educación foi aumentando paulatinamente nos últimos meses, chegando ao 30% na actualidade. Con esta nova funcionalidade, todas estas consultas ao portal educativo amosaranse de xeito simplificado, cunha visualización máis doada e máis facilidades na navegación, o que redundará nun acceso máis áxil aos contidos desexados. 

Así mesmo, o portal educativo presenta unha estrutura unificada co resto dos portais da Xunta de Galicia, o que redunda nunha maior accesibilidade para os usuarios, xa que atopan referencias similares en todas as web. 

Esta web mantén o seu obxectivo de ser a canle de referencia da comunicación para a comunidade educativa. Neste sentido, para facilitar o acceso aos diferentes contidos, está estruturada por colectivos, temas, etc. de tal modo que os usuarios poden acceder a través dun único link aos contidos e servizos relacionados co seu perfil.

Ademais, o portal está enmarcado dentro das iniciativas da Xunta de Galicia a prol do software libre.