Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! evitou a presentación de 30.000 documentos a cidadáns e empresas desde a súa posta en marcha hai cinco meses

PasaXe! permite o intercambio de información entre as Administracións estatal, autonómica e local e evita presentar documentos que consten en poder destas.

Xa se incorporaron na plataforma preto de 30 tipos de certificados como o imposto de actividades económicas, títulos universitarios e non universitarios ou o a consulta de poderes notariais, entre outros.

Porase a disposición das entidades locais dentro do catálogo de servizos dixitais que se ofrecerá aos concellos.

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! rexistrou desde a súa posta en marcha, hai seis meses, 30.000 consultas desde os diferentes departamentos autonómicos, o que implica que se evitou a petición de 30.000 documentos ou certificados a cidadáns e empresas para a realización de trámites administrativos.


Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica, estatal e local, evitando ao cidadán achegar documentación que xa obra en poder das administracións públicas, cumprindo así coas obrigas establecidas na Lei 11/2007 de 22 xuño de acceso electrónico dos cidadás aos servizos públicos.

Desde o seu arranque Pasaxe! foi incorporando novos servizos ata acadar os 27 actuais e ao longo do ano acadaranse máis de 30 como o título de familia numerosa, ou o certificado de discapacidade, entre outros. Ademais, a Xunta porá a disposición dos concellos o nodo de interoperabilidade, o que lles permitirá acceder aos servizos de interoperabilidade da Administración Xeral do Estado.

Este servizo, ademais de axilizar os trámites, é de especial importancia para o cidadán, xa que evitará que teñan que presentar documentos ca mesma información en distintas Administracións. É un factor fundamental, para que os cidadáns poidan resolver as súas xestións coas administracións públicas nun único procedemento ou trámite, independentemente do nivel administrativo ao que se acheguen

Aforro de 5 millóns de euros
A posta en marcha de Pasaxe! enmárcase nas medidas do Plan de Modernización da Administración autonómica da Xunta. Co obxectivo de aumentar os aforros aos cidadáns e empresas galegas que interactúan coa Administración autonómica, perséguese aumentar un 300% o número de consultas de interoperabilidade realizadas alcanzando en 2015 a cifra de 1.000.000 de consultas.

Acadando este obxectivo, estímase unha diminución de cargas administrativas anual de 5.550.000 euros aos cidadáns e empresas galegas, aplicando o método simplificado de medición de cargas administrativas e da súa redución aprobada pola Xunta de Galicia.