Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R completan este ano a conexión a internet de velocidade ultrarrápida en 26 polígonos da provincia

O Plan, impulsado pola Amtega, chegará este ano a 4 novas superficies empresariais tras activar o servizo noutros 22 polígonos entre 2016 e 2017
Unha vez completado o Plan, o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps
Como complemento a esta actuación, a Xunta abriu no ano 2017 unha convocatoria de axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural
Ademais, a Amtega acaba lanzar unha convocatoria de axudas a operadores para estender internet de alta velocidade en núcleos de menos de 150 habitantes

O Plan de Banda Larga da Xunta chegará este ano a 4 novas superficies empresariais, acadando así un total de 26 polígonos conectados a redes ultrarrápidas na provincia. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro.

As actuacións do Plan comezaron en agosto de 2016 e ao remate de 2017 había xa 22 polígonos da provincia con este servizo de banda larga ultrarrápida. Ao remate de 2018 cumprirase o obxectivo dos 26 previstos no Plan, que sumados aos que xa dispoñían deste servizo, suporá que o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps.

Ademais, como complemento a esta actuación, a Amtega abriu en 2017 unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural. Destináronse un total de preto de 400.000 euros á subvencionar solucións específicas a máis de 30 empresas que agora dispoñen de velocidades de acceso a internet de entre 50Mbps e 350Mbps.

350Mbps e servizos R de valor engadido

As empresas dos polígonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.

E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R

Prazos e orzamento

O Plan xa completou o despregamento en 51 polígonos da Comunidade e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que  concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.

A Amtega subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Axudas para núcleos de poboación do rural

Tras as dúas primeiras actuacións orientadas a mellorar a conectividade no tecido empresarial, a Amtega vén de poñer en marcha a terceira actuación para  facilitar o acceso a redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes.

O pasado día 15 xaneiro publicouse no DOG unha axudas, cun importe de 14,2 millóns de euros, dirixida a operadores de telecomunicacións para facilitar o acceso a internet de cando menos 100Mbps en núcleos de menos de 150 habitantes.

Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre 150 e 300 habitantes. Poderán presentar varios proxectos cunha subvención mínima de 20.000€ para cada un deles ata esgotar a dotación orzamentaria prevista. O prazo de presentación e dun mes a contar dende o día seguinte á publicación no DOG.

As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 megas de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.

A Administración autonómica concederá unha subvención máxima do 90% do custo total de cada proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Con esta medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias xa en marcha e as que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA). 

Listado de Polígonos da Coruña cubertos e previstos en 2018 

 

CONCELLO

POLÍGONO

DATA  COBERTURA

ARZUA

PARQUE EMPRESARIAL ARZÚA

Cuberto

BETANZOS

PARQUE EMPRESARIAL A PIADELA

Cuberto

COIROS

PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

Cuberto

CULLEREDO

CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSPORTE

Cuberto

LARACHA (A)

PLAN DE SECTORIZACIÓN CERÁMICAS CAMPO

Cuberto

MALPICA DE BERGANTIÑOS

PARQUE EMPRESARIAL DE MALPICA

Cuberto

MELIDE

PARQUE EMPRESARIAL DE A MADANELA

Cuberto

NARON

POLÍGONO INDUSTRIAL AS LAGOAS

Cuberto

NOIA

POLÍGONO INDUSTRIAL AGUALEVADA

Cuberto

OLEIROS

PLAN DE SECTORIZACIÓN SUNP I-3

Cuberto

ORDES

PARQUE EMPRESARIAL DE ORDES

Cuberto

OROSO

PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO  E OROSO PEQUEÑO

Cuberto

PADRON

POLÍGONO INDUSTRIAL DE PICUSA

Cuberto

PADRON

PARQUE EMPRESARIAL DE A PICARAÑA

Cuberto

PADRON

POLÍGONO INDUSTRIAL DE CORTIZO

Cuberto

POBRA DO CARAMIÑAL (A)

POLÍGONO INDUSTRIAL A TOMADA

Cuberto

PONTECESO

PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESO

Cuberto

PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS

PARQUE EMPRESARIAL DE PENAPURREIRA

Cuberto

RIANXO

PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO

Cuberto

SADA

POLÍGONO INDUSTRIAL ARCO IRIS

Cuberto

SANTA COMBA

PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

Cuberto

VIMIANZO

PARQUE EMPRESARIAL DE VIMIANZO

Cuberto

CERCEDA

PARQUE EMPRESARIAL DE O ACEVEDO

Previsto 2018

CURTIS

Polígono Industrial de Curtis – Teixeiro

Previsto 2018

PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS

ÁREA INDUSTRIAL CRUZ DAS CABEZAS

Previsto 2018

SOMOZAS (AS)

PARQUE EMPRESARIAL DE AS SOMOZAS

Previsto 2018