Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal organiza o evento de ciberseguridade de referencia en Galicia os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura.

• No evento participarán entidades como INCIBE, CCN e as principais empresas do ecosistema de ciberseguridad de Galicia.
• Contará con actividades dirixidas á cidadanía, ao tecido empresarial galego e a Administración Pública.
• Integrará charlas, paneis, talleres prácticos e retos de ciberseguridade con entrega de premios para os equipos gañadores.


Durante os días 10 e 11 de novembro celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o evento de ciberseguridad de referencia en Galicia. Se a situación o permite desenvolverase presencialmente, aínda que tamén será retransmitido por internet.  

É un evento promovido e organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; unha iniciativa impulsada para contribuír ao seu obxectivo de favorecer unha contorna dixital segura e impulsar a industria de ciberseguridade galega. 

O evento terá o privilexio de contar coa participación do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptológico Nacional (CCN). Ademais, contará coa presenza e participación das principais empresas do ecosistema de ciberseguridad da Comunidade, e con axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento. 

O 10 de novembro contará con actividades destinadas ao tecido empresarial galego e á cidadanía, mentres que o último día reservarase para accións dirixidas á Administración Pública.  

Está previsto desenvolver actividades como charlas divulgativas, paneis de debate, talleres prácticos e retos co fin de concienciar e informar da situación actual da ciberseguridade, o seu elevado nivel de importancia, os mecanismos existentes para o impulso do emprendimiento no sector e a realidade do mercado laboral nesta área. 

Proximamente, na web de CIBER.gal publicaranse as entidades participantes, o programa detallado e os relatores cos que contaremos no evento.