Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

O Ministerio de Xustiza e a Xunta acordan reinstalar a versión anterior de Minerva, que non inclúe a opción de modificar documentos

O departamento estatal é o provedor deste sistema de xestión procesual para Galicia e outras 7 Comunidades
O Ministerio desenvolve as novas versións e decide as súas funcionalidades

A Xunta trasladoulle ao Ministerio de Xustiza, responsable do sistema de xestión procesual Minerva, a incidencia sobre a funcionalidade que permite modificar documentos dos procedementos, detectada na última versión de Minerva.

Tras a reunión técnica mantida co Ministerio de Xustiza, acórdase proceder a reinstalar a versión anterior de Minerva, na que non aparece esta opción, mentres o Ministerio de Xustiza non publique a nova versión que corrixe esta incidencia. A previsión é que o proceso de reinstalación da versión anterior se complete esta semana

Galicia é unha das 8 comunidades usuarias dos sistemas de información xudicial que prové o Ministerio de Xustiza (Minerva, Fortuny e Lexnet), que é o departamento que actualiza as versións e decide as funcionalidades destes sistemas. As Comunidades Autónomas se ocupan da instalación dos sistemas, de dar soporte aos usuarios e de trasladar as incidencias ao Ministerio.

Ademais das xestións referidas á Minerva, a Xunta vén de solicitarlle formalmente ao Ministerio de Xustiza información sobre a dispoñibilidade, seguridade e as medidas que se están a levar a cabo para garantir a funcionalidade do sistema informático Lexnet, ante os cortes de servizo producidos a finais de xullo e os fallos de seguridade denunciados.