Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Concello de Ourense adhirese á Historia Social Electrónica da Xunta

• A HSUE proporciona aos traballadores da área social, tanto a nivel autonómico como municipal, un acceso único á historia social de máis de 650.000 cidadáns en formato electrónico
• Máis de 250 concellos empregan xa esta plataforma, que facilita a coordinación dos axentes que participan na prestación dos servizos sociais
• A Administración autonómica vén de integrar a información relativa ao servizo de protección de menores, incorporando máis de 50.000 expedientes relativos a adopcións, acollementos familiares, protección de menores e permisos de convivencia


Os traballadores sociais do Concello de Ourense xa poden empregar a plataforma da Historia Social Única Electrónica (HSUE) da Xunta, tras a adhesión do municipio a este sistema desenvolto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social. Ourense é a primeira das sete cidades principais de Galicia en integrarse no sistema e súmase aos 255 municipios xa adheridos. Tras este trámite 

Os profesionais da área social do municipio ourensá poderán acceder, previa acreditación nos sistema, á plataforma da Historia Social Única Electrónica da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais, mellorando a eficiencia da xestión e a calidade da atención aos usuarios.

Dende xuño de 2016, cando se iniciou a implantación da HSUE, a Amtega e a Consellería de Política Social traballan de forma continuada na mellora da plataforma coa posta en marcha de novas funcionalidades,  na integración de novos ámbitos de información así como na adhesión de novos concellos.

Máis de 650.000 historias sociais dispoñibles en HSUE
A día de hoxe, os traballadores sociais dos municipios adheridos teñen ás historias sociais de máis de 650.000 cidadáns en formato electrónico. A plataforma proporciona unha identificación unívoca dos cidadáns e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado electrónico por parte dos profesionais, que acceden só aos datos e información necesaria para o desenvolvemento do seu labor

A extensión  da HSUE supón un fito no eido dos servizos sociais, similar á posta en marcha da Historia Clínica no eido sanitario, ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas. Isto permite, en base a  análise e explotación dos datos, poder desenvolver políticas de prevención máis axustadas ás necesidades da poboación.

Información do Servizo de Protección de Menores
A  Amtega e a Consellería de Política Social veñen de integrar na HSUE a información procedente do ámbito de protección de menores, co obxectivo de ampliar a historia social dos cidadáns, na que xa estaban dispoñibles outros datos do  ámbito social como os relativos á dependencia, á discapacidade ou a  inclusión social, entre outros.

A integración da información do Servizo de protección de menores en HSUE supón a incorporación ás historias sociais únicas de máis de 50.000 cidadáns, de información de menores no sistema de protección, adopcións, acollementos familiares, e permisos de convivencia  Esta información supón un avance importante dende o punto de vista cualitativo, pola relevancia destes datos para contextualizar a contorna social dos cidadáns atendidos polo Servizo de protección de menores e as relación entre eles.

Modelo de teleasistencia avanzada
A Historia Social Única Electrónica é un dos instrumentos que nun futuro facilitará o modelo de teleasistencia avanzada no fogar polo que aposta a Xunta de Galicia. 

A Administración autonómica está a traballar nun modelo de teleasistencia avanzada para prestar tanto servizos asistenciais a pacientes crónicos como a monitoraxe continua de persoas maiores no seu fogar para identificar situacións de risco de forma automática e comunicalas telemáticamente aos seus coidadores ou prestadores de  servizos. 

Este modelo modelo baséase nun único sistema tecnolóxico para os servizos sociais e sanitarios no fogar, sobre o que traballarán diferentes prestadores de servizos en cada un dos ámbitos.

Plan Trabe
O desenvolvemento da HSUE enmárcase no Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns ata o 2020, é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións dun terzo da poboación.